Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2015

28 DE FEBREIRO, DIA MUNDIAL DAS ENFERMIDADES RARAS

O tema do Dia das Enfermidades raras 2015 Vivir cunha enfermidade rara rinde unha homenaxe ós pacientes, familiares e coidadores que están afectados dunha enfermidade rara. O eslogan DIA A DIA, CODO CON CODO, suscita a solidariedade entre as familias, organizacións de pacientes e comunidades. O 28 de febreiro do 2015 será o octavo Dia das Enfermidades raras e xa se están facendo preparativos en moitas partes. Visita a sección da web EURORDIS  Vivir con una enfermedad rara  para saber maís do que supon vivir dia a dia e codo con codo cunha enfermidade rara e cómo os pacientes e as súas familias  afrontan istos desafios. VIDEO DO DIA DAS ENFERMIDADES RARAS Hai un xesto que o cambio todo, #hazlasvisibles

4 DE ABRIL, MAXIA, MUSICA E DANZA EN FAVOR DE CAPACES

Esperamosvos a todos, non podedes perder esta gala, non so polos artistas que virán de xeito totalmente desinteresado, se non tamen por oir tocar e cantar a un dos nosos nenos, de verdade que o ides perder?

AUTISMO: RELATOS DE VIDA

Dende CAPACES estamos moi contentos e ilusionados coa presencia de Don Manuel Ojea Rúa , Doutor en Psicopedagoxia, Licenciado en Psicoloxia e Psicopedagoxia, Catedrático de Orientación Educativa de Instituto, Mestre asociado da Area de Psicoloxia Basica da Universidade de Vigo e Presidente da Asociación de Familias de Persoas con Trastornos da Comunicación Social "TRASCOS"  de Ourense. Ten un blog moi interesante de visita obrigada:  http://manuelojea.blogspot.com.es/  e tamén escribiu e publicou varios libros sobre TEA,  sendo o ultimo AUTISMO:RELATOS DE VIDA , o cal vai vir a presentar o vindeiro 5 de marzo aqui a Lugo, as 19:00 horas no centro social Uxio Novoneyra.