Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2023

XORNADAS FORMATIVAS 30 DE SETEMBRO: CONDUCTAS PROBLEMÁTICAS NO ESPECTRO AUTISTA

    O próximo  sábado 30 de setembro  temos a xornada formativa  "Conductas problemáticas no espectro autista. Comprensión e estratexias prácticas de apoio á persoa e a súa contorna" , será impartida pola relatora  Marlene Horna , como xa tivemos o gusto de ter en moitas formacións nestes anos. Marlene é p sicologa colexiada, especialidade Clínica e Social. Máster en Atención Temperá. Diploma de Estudos Avanzados. Dende hai máis de quince anos traballa apoiando a nenos e adolescentes con TEA e as súas familias. Traballou na Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela, como orientadora dun C.E.E.P.R. da asociación ASPANAES e, na actualidade, traballa de maneira particular e dentro da a Unidade de Apoio Ambulatorio (UAM) da asociación BATA. Desenvolve a súa actividade apoiando a persoas con TEA nas súas contornas naturais (fogar, escola, comunidade). Posúe unha ampla experiencia como docente adquirida en numerosos cursos promovidos por diversas institu

NOVA REUNIÓN DE FAMILIAS. PROGRAMA COIDAR AO QUE COIDA

  E xa estamos en setembro, así que comezamos coas actividades despois das vacacións. O vindeiro 23 de setembro, sábado, voltamos co programa "Coidar ao que coida", un programa de atención sociofamiliar da Federación Autismo Galicia , subvencionado pola Consellería de Política Social e Xunventude da Xunta de Galicia e desenvolto pola Asociación Capaces Lugo , onde as familias, guiadas por Carmen Moreno, terapeuta con máis de 10 anos de experiencia do Centro Psicopedagógico CREA , poden compartir as súas emocións e dúbidas. Aberto para todxs, gratuito para socios e cunha aportación por non socios. Esperamosvos!

Programa de educación medioambiental para persoas con diversidade funcional ano 2023

Outro ano máis contamos coa colaboración da Deputación de Lugo para levar a cabo este programa. Aqui tedes toda a info.