Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2022

Resumo do ano 2022

Dende a asociación Capaces queremos desexarvos unha boa entrada de ano e que no 2023 se fagan realidade todo os vosos desexos, ou polo menos a maioría. Queremos deixarvos un video resumindo a actividade feita dende a asociación neste ano que termina. Foron tres programas de ocio, vida independente e actividades medioambientais, ademáis da formación que sempre temos e de traballar en rede coa Rede Lucense de Voluntariado. Esperamos que vos guste e agradecemos a todas as institucións que o fan posible e a aportación das familias socias e non socias de Capaces Lugo.

Parabens para Hugo e Bo Nadal a tod@s!

  Hugo de 8 anos é o ganador este primeiro ano que dende Autismo España fixeron o concurso de postais de nadal, o que máis nos gusta, además do deseño é o texto enviado por él e a súa familia que vos pasamos a continuación: “Mi nombre es Hugo, tengo 8 años y mis deseos para estas Fiestas y para el nuevo año son que se me incluya en todas las actividades en las que puedo participar, que la sociedad me entienda y que mi comprensión del mundo no dependa sólo de la voluntad de las personas. Por eso mi postal es azul, mi familia es azul y me gustaría que ese azul se reflejara en los hogares navideños de estas Fiestas”.   Bo Nadal para tod@s!