Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

MÁIS CINE ADAPTADO, ESTA VEZ EN RIBADEO

Estamos moi emocionados, gracias a colaboración co  Concello de Ribadeo , en concreto, coa Concelleira de Saúde e Servizos Sociais, Sonia Meilán Vizoso, tamén se disfrutará o vindeiro Luns 18 de febreiro, día Mundial da Sindrome de Asperger, dunha sesión de cine adaptado ás persoas con autismo, será no  Cine Ribadeo  ás 18:00 horas, a Lego Película 2, e tamén a precio reducido de 4,50€. Moitisimas gracias ós cines e a Concelleira por escoitarnos e facelo posible.  Xa sabedes, cin e adaptado en Lugo e en Ribadeo o luns 18.

Cine adaptado polo día Mundial da Síndrome de Asperger

O vindeiro 18 de febreiro é o dia Mundial da Síndrome de Asperger, e dende Capaces pensamos que a mellor maneira de visibilizar esta sindrome e ós TEA é a través de actividades de ocio adaptadas para as persoas con TEA, asi que falamos con Codex Cinema Lugo, fóron moi sensibles e enseguida conseguimos chegar á decisión de colaborar, e todos os meses haberá unha sesión adaptada ás necesidades das persoas con TEA. O Luns 18 ás 18:00 horas será a primeira de moitas sesións inclusivas para persoas con TEA, moitas gracias a Codex Cinema!!!. O meu veciño Totoro xa é un filme sobre a inclusión, as diferentes formas de ver o mundo e a bondade e a necesidade de aceptar as visións dos demais. Un filme tan amable como certeiro na súa análise da mente infantil, no que tanto os máis pequenos como os adultos poden recoñecerse facilmente. Aceptar aos demais para vivir mellor en sociedade é a gran mensaxe deste filme e de toda a obra do mestre Hayao Miyazaki, polo que parece moi adecuado para comez