Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2016

PROXECTO ESCOLA DE VERÁN

Obxetivos: -Manter durante o verán a intervención nos nenos/as con TEA ou TC, de forma que non retrocedan no aprendizaxe das súas habilidades sociais e de comunicación. -Manter a estructura que necesitan para o correcto aprendizaxe curricular. -Aproveitar a plasticidade cerebral durante a infancia para impulsar e asentar as aprendizaxes. -Manter e mellorar as habilidades pre-académicas e académicas adquiridas durante o curso. Ubicación: Cesión local social do centro de Convivencia da Milagrosa. Vantaxes: -Dase continuidade ó traballo realizado nas aulas TXD e por os PTs e á inversión realizada por Educación e o mesmo tempo dase uso ás instalacións vacías dunha escola pública (en desuso de otro modo) durante o verán, logrando unha óptima utilización dos recursos que a Xunta de Galicia e o Concello de Lugo utilizan en Educación. -Mantense a intervención nos nenos/as con TEA ou TC dando continuidade ó traballo realizado durante o curso esco

POSPOSTA A CHARLA DE RAFA SUÑER

Sentimos moito dar esta nova, pero a charla que tiñamos programada para o vindeiro sábado 28 de mayo con Rafa Suñer temos que pospoñela para máis adiante, por causas alleas a nosa vontade e a vontade de Rafa Suñer teremos que esperar uns meses para poder traelo con nós, en canto seipamos a fecha exacta voltaremos a avisarvos, disculpade as molestias que vos puidemos ocasionar.

RAFA SUÑER EN LUGO "INICIANDO EL CAMINO A LA DIVERSIDAD"

Como xa é habitual en nós, gustanos seguir concienciando e axudando durante todo o ano, e temos o pracer de convidar a Rafa Suñer, Presidente de Conexión Autismo, escritor do libro "Extraordinarios", e pai de Rafael un neno con autismo, tratáse dunha charla de como é a súa experiencia e como iniciou o camiño á diversidade, é unha visión positiva e pensamos que moi reveladora para todos, familias e profesionais, a entrada é gratuita, para controlar o aforo só vos pedimos que cubrades o seguinte  FORMULARIO . Será o vindeiro 28 de maio ás 12:00, no salón de actos do centro social Uxio Novoneyra , tedes dende hoxe, dia 4 de maio ata o 20 do mesmo mes para anotarvos. Esperamosvos!!!