Ir al contenido principal

RAFA SUÑER EN LUGO "INICIANDO EL CAMINO A LA DIVERSIDAD"

Como xa é habitual en nós, gustanos seguir concienciando e axudando durante todo o ano, e temos o pracer de convidar a Rafa Suñer, Presidente de Conexión Autismo, escritor do libro "Extraordinarios", e pai de Rafael un neno con autismo, tratáse dunha charla de como é a súa experiencia e como iniciou o camiño á diversidade, é unha visión positiva e pensamos que moi reveladora para todos, familias e profesionais, a entrada é gratuita, para controlar o aforo só vos pedimos que cubrades o seguinte FORMULARIO.

Será o vindeiro 28 de maio ás 12:00, no salón de actos do centro social Uxio Novoneyra , tedes dende hoxe, dia 4 de maio ata o 20 do mesmo mes para anotarvos.

Esperamosvos!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Formación con Marlene Horna 18 de outubro 2025

  O próximo 18 de outubro teremos unha nova formación con  Marlene   Horna  como relatora, tratará sobre: SOLUCIÓNS PRÁCTICAS FRONTE A SITUACIÓNS COTIÁS EN AUTISMO  Como promover o entendemento mutuo, a colaboración e o benestar emocional. CONTIDOS :      1. Os rumbos da mirada predominantemente neurotípica.      2. Mellorando a comunicación e a linguaxe entre autistas e alistas.      3. Apoios visuais: os 1001 tipos e funcións diferentes.      4. Facilitadores da comprensión mutua e a colaboración en clase e en casa.      5. Vivir con disfunción executiva.      6. Intereses e entusiasmos: cando promover ou cando regular.      7. Promover a flexibilidade cognitiva e a tolerancia á frustración.      8. Socializar e ter amigos: un enfoque diferente.      9. Preparándonos para a vida futura.   Para poder anotarse tedes que cubr...

Ferramentas para a accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo

  A sinalización accesible, o uso de pictogramas, o control dos estímulos sensoriais ou a anticipación da información son só algúns dos recursos que favorecen a accesibilidade cognitiva das persoas con autismo. Esta guía, publicada no marco do proxecto Rumbo, recolle ferramentas, normativas e casos de boas prácticas para que a información, as comunicacións e a contorna física sexan accesibles para todas as persoas. As características e necesidades maioritarias que presentan as persoas autistas no seu día a día introducen matices importantes a ter en conta cando falamos da accesibilidade cognitiva dun elemento, contorna ou servizo. A normativa vixente non resulta suficiente para garantir a inclusión das persoas no espectro, por iso desde o proxecto Rumbo desenvolveuse esta guía ‘Accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo’ na que se ofrece o coñecemento, as ferramentas e unha serie de boas prácticas para facer amigables e comprensibles as contornas e a comunicación. Aínda q...

Programa TEA-Activa

Unha ollada a todo o que logramos co programa "TEA-Activa da  Federación Autismo Galicia "! Grazas ao apoio e financiamento da  Xunta de Galicia  Consellería de Política Social e Igualdade, puidemos levar a cabo unha serie de actividades esenciais para o desenvolvemento e a inclusión social: dende o ocio deportivo (carreira popular), pasando polo cine, ata as habilidades de autonomía no fogar e na comunidade (cociña e compras). Programa Participación Comunitaria TEA-Activa da Federación Autismo  Galicia, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta  de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización  de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á  asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas  e do imposto de sociedades para o ano 2024. e desenvolto pola  Asociación Capaces Lugo . Agradecemos sinceramente este impulso, que se destina á realiza...