Ir al contenido principal

Ferramentas para a accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo







 A sinalización accesible, o uso de pictogramas, o control dos estímulos sensoriais ou a anticipación da información son só algúns dos recursos que favorecen a accesibilidade cognitiva das persoas con autismo.

Esta guía, publicada no marco do proxecto Rumbo, recolle ferramentas, normativas e casos de boas prácticas para que a información, as comunicacións e a contorna física sexan accesibles para todas as persoas.

As características e necesidades maioritarias que presentan as persoas autistas no seu día a día introducen matices importantes a ter en conta cando falamos da accesibilidade cognitiva dun elemento, contorna ou servizo. A normativa vixente non resulta suficiente para garantir a inclusión das persoas no espectro, por iso desde o proxecto Rumbo desenvolveuse esta guía ‘Accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo’ na que se ofrece o coñecemento, as ferramentas e unha serie de boas prácticas para facer amigables e comprensibles as contornas e a comunicación.

Aínda que a accesibilidade cognitiva é un proceso moi subxectivo, é unha dimensión imprescindible do paradigma da accesibilidade universal: todos os elementos da sociedade deben poder ser usados por todas as persoas da forma máis autónoma, segura e cómoda posible. Tras abordar as técnicas a nivel xeral sobre ‘Accesibilidade cognitiva. Información, comunicación e contornas físicos accesibles para todas as persoas’, as entidades do ámbito do autismo que participaron no proxecto Rumbo, (Confederación Autismo España, Autismo Andalucía, Federació Catalá d’Autisme, Autismo Galicia, Autismo Castela e León) recollen nesta publicación a mirada da accesibilidade desde o espectro do autismo.

Os obxectivos son:

  1. Entender o concepto de accesibilidade cognitiva desde a perspectiva das persoas con autismo,
  2. Profundar nas necesidades presentes no espectro do autismo e que se relacionan coa dimensión cognitiva do paradigma da accesibilidade universal.
  3. Compartir normativas, ferramentas e exemplos de boas prácticas.

Máis información na web de Autismo España: https://autismo.org.es/actualidad/noticias/guia-accesibilidad-cognitiva-autismo-rumbo/ 


Descarga o manual

Comentarios

Entradas populares de este blog

Formación con Marlene Horna 18 de outubro 2025

  O próximo 18 de outubro teremos unha nova formación con  Marlene   Horna  como relatora, tratará sobre: SOLUCIÓNS PRÁCTICAS FRONTE A SITUACIÓNS COTIÁS EN AUTISMO  Como promover o entendemento mutuo, a colaboración e o benestar emocional. CONTIDOS :      1. Os rumbos da mirada predominantemente neurotípica.      2. Mellorando a comunicación e a linguaxe entre autistas e alistas.      3. Apoios visuais: os 1001 tipos e funcións diferentes.      4. Facilitadores da comprensión mutua e a colaboración en clase e en casa.      5. Vivir con disfunción executiva.      6. Intereses e entusiasmos: cando promover ou cando regular.      7. Promover a flexibilidade cognitiva e a tolerancia á frustración.      8. Socializar e ter amigos: un enfoque diferente.      9. Preparándonos para a vida futura.   Para poder anotarse tedes que cubr...

Programa TEA-Activa

Unha ollada a todo o que logramos co programa "TEA-Activa da  Federación Autismo Galicia "! Grazas ao apoio e financiamento da  Xunta de Galicia  Consellería de Política Social e Igualdade, puidemos levar a cabo unha serie de actividades esenciais para o desenvolvemento e a inclusión social: dende o ocio deportivo (carreira popular), pasando polo cine, ata as habilidades de autonomía no fogar e na comunidade (cociña e compras). Programa Participación Comunitaria TEA-Activa da Federación Autismo  Galicia, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta  de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización  de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á  asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas  e do imposto de sociedades para o ano 2024. e desenvolto pola  Asociación Capaces Lugo . Agradecemos sinceramente este impulso, que se destina á realiza...