Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2017

Escola de verán 2017

Estamos preparando a nosa terceira Escola de verán, esperamos poder conseguilo, pero necesitamos a vosa axuda, por iso creamos un Reto no Crowfunding Mi grano de arena. Se podedes facer un donativo sería xenial, e se non, podedes compartir para que chegue ó maior numero de xente posible. VOS NECESITAMOS!! MIL GRACIAS ANTICIPADAS!! https://www.migranodearena.org/es/reto/15545/escuela-de-verano/

DIVERSIDADE FUNCIONAL E VIOLENCIA NAS AULAS

Estamos moi agradecidos a UNED,  por facernos formar parte dunhas ponencias moi interesantes e necesarias, como a que fixo  Victoria Barrero Diaz, Psicologa colaboradora nosa, onde se pregunta se existe violencia nas aulas. Tristemente é unha realidade que non deixa de crecer, e de preocupar a todos, pero non só debemos falar dela, se non empezar a poñer solucións a un problema tan grave.
O pasado 20 de abril, falamos co grupo de rapaces que estudian no Politécnico a rama de educación infantil, sobre o voluntariado, con mais entidades que formamos parte da rede de voluntariado lucense. Moi boa experiencia!!  #Emprendeatuaviaxe #Reluvol #CapacesLugo

2 de abril dia do autismo

CHARLA VOLUNTARIADO NA FACULTADE DE FORMACIÓN DO PROFESORADO

Este  pasado 21 de marzo, xa é a terceira vez, que somos convidados para falar con estudantes de formación do profesorado, unha magnífica oportunidade dada polo SEPIU e por Fatima Teixeiro para poder conseguir voluntariado para as nosas actividades, tanto deportivas como de ocio. Aqui vos deixamos unha pequena parte do que falou a nosa presidenta. VIDEO Nota de prensa da USC

DIVERSIDADE FUNCIONAL NA ESCOLA: ANALISE DO ACOSO

O pasado 14 de xaneiro celebramos unha charla sobre o acoso na escola ás persoas con diversidade funcional. Foi un acto moi participativo, e agradecemos moito a boa asistencia á charla, demostrando que se trata dun tema de moita importancia hoxe en día, e que temos que seguir traballando para que disminúa o numero de persoas que sofren acoso na escola.