Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2015

PONTE NO SEU LUGAR

Comezamos o próximo sábado día 21 de novembro coas nosas actividades para dar a coñecer os trastornos da comunicación coa charla Ponte no seu lugar , que levaremos a diversos lugares da provincia. O objetivo desta charla é dar a coñecer as dificultades asociadas ao T.E.L. (Trastorno Específico da Linguaxe) para poder comprender os problemas de aprendizaxe que del se derivan. A charla está concebida como unha charla-taller e durará aproximadamente duas horas. Pretende ser eminentemente práctica para poder comprender  como perciben eles a linguaxe. Comezará cun pequeno esbozo do que é o Trastorno Específico da Linguaxe a cargo da logopeda Macarena Campo. Continuaremos cunhas actividades e vídeos que pretenden achegarnos á realidade dun cativo con T.E.L. para así entre todos poder ver e palpar a complexidade deste trastorno, pois canto máis o comprendamos, mellor saberemos identificar as dificultades cando se plantexen. A idea é que despois poñamos en común as ideas que

LA MIRADA DE ÁNGEL: DIARIO DE LA MADRE DE UN NIÑO CON AUTISMO

María Luisa Fernández é a nai de Ángel. Ela vennos contar como comezou a escribir o diario como unha forma de falar co seu fillo Ángel, con TEA e unha importante lesión cerebral. Este libro viu a luz coa colaboración da  Asociación Participa  e a recaudación dos beneficios da sua venda serán donados integramente á  asociación ASPANAES  e a casa de Familia para nenos orfos de Addis Abeba, en Etiopía A publicación destas páxinas busca transmitir os pensamentos e vivencias de María Luisa Fernández ao longo de 18 anos, e reafírmase na procura dunha visión positiva e realista, centrada nas alegrias cotidianas sen esquecer os duelos necesarios polos que temos que pasar. Podemos contar coa sua presencia este xoves 26 de novembro no salón de actos da Deputación de Lugo de 19:00 a 20:30, PARA PODER PARTICIPAR PODEDES CUBRIR O SEGUINTE FORMULARIO Na presentación poderase mercar o libro por 12 euros, xa sabedes que o importe integro irá destinado a  asociación ASPANAES  e