Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2021

Escola de familias "Os irmáns e as irmás tamén contan"

O vindeiro sábado 18 de setembro teremos unha escola de familias sobre as irmás e os irmáns das persoas con TEA. Teremos de relatora a Marlene Horna, e durante as tres horas de duración as familias asistentes poderán preguntar todas as dúbidas e escoitar os consellos que nos ofrezca neste tema tan importante e interesante. Será no Salón de actos da casa das asociacións María Mariño. Preme aquí:   Ubicación Comezará ás 11:00 da mañá e rematará ás 14:00 horas. Esta escola está financiada polo programa de "Escola, formación e asesoramento de familias" subvencionado pola Xunta de Galicia-Consellería de Política Social, en colaboración coa Federación Autismo Galicia. A inscrición é de balde, só tedes que cubrir o seguinte FORMULARIO . O prazo para inscribirse remata o vindeiro mércores 15 de setembro. As socias e socios teñen prioridade, e poden asistir as familias que así o pidan por estricto orden de inscrición.