Ir al contenido principal

QUEN SOMOS



   A Asociación CAPACES LUGO foi constituída o 30 de setembro de 2013 na cidade de Lugo.

   É unha asociación sen ánimo de lucro creada para apoiar ás persoas con Trastorno de Espectro Autista (TEA) e trastornos da comunicación (Trastorno Semántico Pragmático, TEL e outros) xa que precisan recursos moi similares no ámbito logopédico e terapéutico.


   Non consideramos necesario ter un diagnostico definitivo porque cremos que o importante son as persoas e non as etiquetas. Contamos cun amplo elenco de profesionais autónomos que traballan de xeito individualizado co rapaz ou rapaza atendendo as súas necesidades persoais. Cada neno ou adolescente é único, e por iso mesmo o xeito de traballar con eles tamén ten que ser distinto para cada un. Buscamos mellorar a súa calidade de vida e a plena inclusión na comunidade.

   O noso ámbito é provincial.


   Somos membros da FEDERACION AUTISMO GALICIA.


   Estamos inscritos no:


- Rexistro Provincial de Asociacións co número 2013/017935-1.


- Rexistro Municipal de Asociacións de Lugo co número 608.


- Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos da Xunta de Galicia co número E-5988


-Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia co número O-727
 

COMPOSICIÓN DA NOSA XUNTA DIRECTIVA

Presidenta: Noelia Fernández López


Tesorera: Olga Pazo del Nozal

 

Secretaria: María de los Ángeles Fernández Núñez

 

Vogal: Pilar García-Puertas Taboada

 

Vogal: María de los Ángeles Gómez Lage

Comentarios

  1. Lo estáis haciendo de maravilla. Os estáis moviendo mucho para proporcionarnos formación. Muchas gracias.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias a ti Laura, es lo que intentamos traer a Lugo TODO lo que haga falta, entre todos sumamos y los que salen ganando nuestros hijos y a los tutores y profesionales darles herramientas.que las necesitan.

      Eliminar
  2. Increíble labor la que estáis haciendo, tanto en la organización de actividades como en la visibilidad e integración social que ofrecéis a los niños con TEA. No podemos cambiar el mundo, pero con personas como vosotros podemos hacerlo más fácil y accesible para todos. Enhorabuena; seguid así, lo estáis haciendo muy bien.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Formación con Marlene Horna 18 de outubro 2025

  O próximo 18 de outubro teremos unha nova formación con  Marlene   Horna  como relatora, tratará sobre: SOLUCIÓNS PRÁCTICAS FRONTE A SITUACIÓNS COTIÁS EN AUTISMO  Como promover o entendemento mutuo, a colaboración e o benestar emocional. CONTIDOS :      1. Os rumbos da mirada predominantemente neurotípica.      2. Mellorando a comunicación e a linguaxe entre autistas e alistas.      3. Apoios visuais: os 1001 tipos e funcións diferentes.      4. Facilitadores da comprensión mutua e a colaboración en clase e en casa.      5. Vivir con disfunción executiva.      6. Intereses e entusiasmos: cando promover ou cando regular.      7. Promover a flexibilidade cognitiva e a tolerancia á frustración.      8. Socializar e ter amigos: un enfoque diferente.      9. Preparándonos para a vida futura.   Para poder anotarse tedes que cubr...

VOLCATEA. BUSCAMOS VOLUNTARIADO. CHAMÁMOSVOS A ACCIÓN!

  Pictograma de Arasaac. VOLCATEA é un programa de voluntariado que busca a inclusión das persoas con TEA nas actividades da vida diaria, deportivas e extraescolares durante os meses de outubro a xuño. Para máis información podes chamarnos ao 619170890 ou escribirnos un email a capaceslugo@gmail.com  . Se queres anotarte só tes que cubrir o formulario que temos na pestana "colabora" na nosa web capaceslugo.com. Accede premendo aquí .

Ferramentas para a accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo

  A sinalización accesible, o uso de pictogramas, o control dos estímulos sensoriais ou a anticipación da información son só algúns dos recursos que favorecen a accesibilidade cognitiva das persoas con autismo. Esta guía, publicada no marco do proxecto Rumbo, recolle ferramentas, normativas e casos de boas prácticas para que a información, as comunicacións e a contorna física sexan accesibles para todas as persoas. As características e necesidades maioritarias que presentan as persoas autistas no seu día a día introducen matices importantes a ter en conta cando falamos da accesibilidade cognitiva dun elemento, contorna ou servizo. A normativa vixente non resulta suficiente para garantir a inclusión das persoas no espectro, por iso desde o proxecto Rumbo desenvolveuse esta guía ‘Accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo’ na que se ofrece o coñecemento, as ferramentas e unha serie de boas prácticas para facer amigables e comprensibles as contornas e a comunicación. Aínda q...