Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2016

OBRADOIRO DE MATERIAL ACCESIBLE

O vindeiro sábado 30 de abril teremos o pracer de ter con nós a Almudena Garcia Negrete, Pedagoga Terapeuta e Integradora Social, creadora da web Maestra Especial PT, vai a impartir un curso de 9 horas con teoria, e sobre todo moita práctica de novas metodoloxias e ferramentas de ensinanza e aprendizaxe. Dende hoxe, 15 de febreiro e ata o 30 de marzo tedes de prazo para anotarvos cubrindo o seguinte  FORMULARIO ,  PREZO 60 Euros  para non socios, 100 euros se veñen dous membros da mesma familia. 15 Euros para persoal da Federación Autismo Galicia e persoal das asociacións federadas. Socios de CAPACES GRATIS. O pago realizarase na nosa conta de ABANCA  ES46  2080-0101-5430-4005-8556 Importante poñer o voso nome no concepto e taller de material, tedes ata ó 30 de marzo para pagar, o que non o faga nese prazo, ainda que cubrira o formulario non terá praza, pasando esta a otorgarse a outra persoa que esté na lista de espera. LUGAR Colexio Maria Auxiliadora Lugo

CONTACONTOS BAMBÚ, EL KOALA

Fai uns dias publicamos no noso Facebook que tiñamos algo moi fermoso para concienciar polo 18 de febreiro, dia do Sindrome de Asperger, tratase dun contacontos para nenos a partir de tres anos, as rapazas de Pekerrechos van contar de maneira moi sinxela o conto Bambú El Koala, será na libreria Trama o vindeiro sábado 20 de febreiro ás 12:00 da mañá, a Fundación Tic, como xa fixo moitas veces con nós, grabará o contacontos para poder facelo público en youtube, e nós encargaremos de facelo chegar ós colexios para que poidan traballar con él, porque a concienciación hai que facela desde ven pequenos, para que non falemos o dia de mañá de inclusión se non de convivencia. O aforo é limitado, asi que para poder asistir tedes que pasar pola libreria Trama a partir do martes a recoller a invitación ata que non queden prazas, Vos esperamos!!!

COLEXIO PLURILINGÜE SAN MIGUEL DE PARADELA ADAPTADO CON PICTOGRAMAS

Hoxe colocamos 88 pictogramas no  Colexio Plurilingüe San Miguel de Paradela, aqui vos deixamos algunhas fotos dos que colocamos, queremos agradecer o seu director Iago Corral a súa iniciativa a adaptar o colexio e a boisima disposición para facelo posible, agora o seguinte será o Colexio de Casás de Lugo.

PROGRAMA "ESCOLA DE FAMILIAS"

Xa temos as escolas de familias deste ano preparadas, teremos o gusto de volver a ter con nós a Marlene Horna, impartirá dúas escolas de familias, a primeira será o vindeiro  Sabado 12 de marzo de 10:30 a 13:30 sobre problemas de conducta, e a segunda será o sabado 23 de abril, tamén de 10:30 a 13:30, sobre os Irmáns. Ambas realizaranse no Centro Social Uxio Novoneyra. Tamén teremos outra escola, será impartida por Ángel Bueres Rey, é un dos nosos socios con Sindrome de Asperger, falará con nós e respostará algunha das nosas preguntas, será o vindeiro sábado 27 de febreiro ás 17:00 horas, titularemos esta escola como "Que preguntariades ó voso fillo/a", é unha sorte poder contar con xente como Angel para respostar e contar as súas impresións, tamén estará a súa rapaza Carmen,

CHARLA HIPERSINTIENDO COMPLETA

Aqui vos deixamos o video completo que o propio Mariano Grueiro compartiu en Youtube da charla que deu en novembro aqui en Lugo, queremos dar as gracias a Mariano pola súa xenerosidade de compartila con todos nós. Esperamos que vos sirva de moita axuda.