Ir al contenido principal

CONTACONTOS BAMBÚ, EL KOALA

Fai uns dias publicamos no noso Facebook que tiñamos algo moi fermoso para concienciar polo 18 de febreiro, dia do Sindrome de Asperger, tratase dun contacontos para nenos a partir de tres anos, as rapazas de Pekerrechos van contar de maneira moi sinxela o conto Bambú El Koala, será na libreria Trama o vindeiro sábado 20 de febreiro ás 12:00 da mañá, a Fundación Tic, como xa fixo moitas veces con nós, grabará o contacontos para poder facelo público en youtube, e nós encargaremos de facelo chegar ós colexios para que poidan traballar con él, porque a concienciación hai que facela desde ven pequenos, para que non falemos o dia de mañá de inclusión se non de convivencia.
O aforo é limitado, asi que para poder asistir tedes que pasar pola libreria Trama a partir do martes a recoller a invitación ata que non queden prazas, Vos esperamos!!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Formación con Marlene Horna 18 de outubro 2025

  O próximo 18 de outubro teremos unha nova formación con  Marlene   Horna  como relatora, tratará sobre: SOLUCIÓNS PRÁCTICAS FRONTE A SITUACIÓNS COTIÁS EN AUTISMO  Como promover o entendemento mutuo, a colaboración e o benestar emocional. CONTIDOS :      1. Os rumbos da mirada predominantemente neurotípica.      2. Mellorando a comunicación e a linguaxe entre autistas e alistas.      3. Apoios visuais: os 1001 tipos e funcións diferentes.      4. Facilitadores da comprensión mutua e a colaboración en clase e en casa.      5. Vivir con disfunción executiva.      6. Intereses e entusiasmos: cando promover ou cando regular.      7. Promover a flexibilidade cognitiva e a tolerancia á frustración.      8. Socializar e ter amigos: un enfoque diferente.      9. Preparándonos para a vida futura.   Para poder anotarse tedes que cubr...

Ferramentas para a accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo

  A sinalización accesible, o uso de pictogramas, o control dos estímulos sensoriais ou a anticipación da información son só algúns dos recursos que favorecen a accesibilidade cognitiva das persoas con autismo. Esta guía, publicada no marco do proxecto Rumbo, recolle ferramentas, normativas e casos de boas prácticas para que a información, as comunicacións e a contorna física sexan accesibles para todas as persoas. As características e necesidades maioritarias que presentan as persoas autistas no seu día a día introducen matices importantes a ter en conta cando falamos da accesibilidade cognitiva dun elemento, contorna ou servizo. A normativa vixente non resulta suficiente para garantir a inclusión das persoas no espectro, por iso desde o proxecto Rumbo desenvolveuse esta guía ‘Accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo’ na que se ofrece o coñecemento, as ferramentas e unha serie de boas prácticas para facer amigables e comprensibles as contornas e a comunicación. Aínda q...

Programa TEA-Activa

Unha ollada a todo o que logramos co programa "TEA-Activa da  Federación Autismo Galicia "! Grazas ao apoio e financiamento da  Xunta de Galicia  Consellería de Política Social e Igualdade, puidemos levar a cabo unha serie de actividades esenciais para o desenvolvemento e a inclusión social: dende o ocio deportivo (carreira popular), pasando polo cine, ata as habilidades de autonomía no fogar e na comunidade (cociña e compras). Programa Participación Comunitaria TEA-Activa da Federación Autismo  Galicia, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta  de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización  de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á  asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas  e do imposto de sociedades para o ano 2024. e desenvolto pola  Asociación Capaces Lugo . Agradecemos sinceramente este impulso, que se destina á realiza...