Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2021

Presentación Marlene Horna 5 de xuño de 2021

  Onte foi a presentación do libro de Marlene Horna "Niños y niñas en el espectro del autismo", queremos agradecer moitísimo a vosa asistencia, e a Marlene que viñera a facer a primeira presentación con nós, é un Manual imprescindible que xa podedes mercar, entre outros sitios, na Librería Trama , á que queremos agradecer a súa colaboración, e tamén ao O Vello Cárcere que quixera ter un exemplar na súa biblioteca para que o poidades consultar. Tamén agradecer a EDITORIAL CCS que propuxera a Marlene facer este manual, vendo a necesidade existente deste tipo de libros na actualidade. Tamén queremos dar as grazas a María Guerreiro por presentar con nós a Marlene e por estar sempre ao carón nosa loitando pola inclusión nos centros educativos, que con manuais como este, pode ser unha realidade, e non só unha palabra que se nombra moito pero que non sempre se consegue no día a día nos centros ordinarios. Moitísimas grazas !

Presentación "Niños y niñas en el espectro del autismo"

Temos moi boas novas!! Invitamosvos á presentación do libro de Marlene Horna "Niños y niñas en el espectro del autismo". Será o vindeiro sábado 5 de xuño no Auditorio do Vello Cárcere en Lugo. Para poder controlar o aforo permitido deixamos enlace con formulario para poder reservar a praza e así poder disfrutar da presentación que faremos en colaboración coa Librería Trama , e coa cesión por parte do Concello de Lugo do Auditorio de "O Vello Cárcere" Se queres reservar o teu asento preme aquí https://forms.gle/RzJZEPfrr9ezr7Kb8 Marlene Horna, psicóloga e dende fai máis de dúas décadas traballa apoiando a persoas no espectro do autismo e ás suas familias. Na actualidade desempeña a sua labor en contextos naturais onde as persoas viven e se desenvolven (fogar, escola, comunidade), e é consultora e formadora en centros educativos, asociacións e  outras institucións, leva colaborando con nós dende os nosos comezos, fai xa 8 anos, dando varias formacións e escola de fa