Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2016

INICIACIÓN Ó ATLETISMO

María Mosquera Carbón, directiva de Capaces Lugo, Carme Silva Dominguez, vicerreitora de Servicios Universitarios do campus de Lugo, e a presidenta do Clube de Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, Erika Arribas Rodríguez, de esquerda a dereita, hoxe en Lugo Estudantes de Enfermaría e Profesorado axudarán como voluntarios ás persoas con TEA que participen nas sesións de atletismo que serán guiadas por un monitor especializado. Celebraranse todos os mércores de 18.00 a 19.00 horas, nas pistas 'Gregorio Pérez' e están enfocadas a nenos entre os 7 e 9 anos. A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez; a presidenta do Clube de Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, Erika Arribas Rodríguez, e María Mosquera Carbón, directiva da nosa asociación,  impulsores do proxecto, presentaron este mércores esta actividade orientada a favorecer a integración social das persoas con TEA a través da práctica deportiva. Este programa de deporte inclusivo

CURSO PECS NIVEL 2

Como xa comunicamos fai uns meses o curso de Pecs Nivel 2 vaise realizar o vindeiro fin de semana do 6-7 de febreiro ,  tedes de prazo para inscribiros a partir de hoxe, 4 de Xaneiro ata o 18 de Xaneiro cubrindo o seguinte  FORMULARIO INSCRIPCIÓN , unha vez rematado o prazo teredes do 19 ata o 28 para pagar a matricula, non se considerará matriculado aquel, que ainda que cubrira o formulario non realizase o pago antes do dia 28. A matricula pagarase na nosa conta de ABANCA ES46 2080 0101 5430 4005 8556, poñendo no concepto o voso nome e o curso pecs 2. PROGRAMA 1er día: Este primero día  centrase nun repaso a fondo de cómo implementar cada unha das fases. Os problemas de implementación máis comúns, nas que se inclúen dificultades de discriminación e as estratexias de solución de problemas máis avanzadas. Os participantes practicarán as súas habilidades de PECS baixo a supervisión dos consultores de Pyramid, poderán solucionar os seus propios problemas de implementación e