Ir al contenido principal

INICIACIÓN Ó ATLETISMO


María Mosquera Carbón, directiva de Capaces Lugo, Carme Silva Dominguez, vicerreitora de Servicios Universitarios do campus de Lugo, e a presidenta do Clube de Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, Erika Arribas Rodríguez, de esquerda a dereita, hoxe en Lugo


Estudantes de Enfermaría e Profesorado axudarán como voluntarios ás persoas con TEA que participen nas sesións de atletismo que serán guiadas por un monitor especializado. Celebraranse todos os mércores de 18.00 a 19.00 horas, nas pistas 'Gregorio Pérez' e están enfocadas a nenos entre os 7 e 9 anos.

A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez; a presidenta do Clube de Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, Erika Arribas Rodríguez, e María Mosquera Carbón, directiva da nosa asociación,  impulsores do proxecto, presentaron este mércores esta actividade orientada a favorecer a integración social das persoas con TEA a través da práctica deportiva. Este programa de deporte inclusivo contempla sesións semanais que estarán supervisadas e guiadas por un monitor especializado e nas que tamén participarán como voluntarios estudantes de Enfermaría e de Formación do Profesorado.
O atletismo é unha práctica deportiva que facilita que os rapaces con TEA e/ou trastornos da comunicación podan iniciarse nunha actividade de grupo, un cometido no que colaborará o equipo de voluntarios universitarios, dirixido por un monitor especialista, que participará nas sesións deportivas que se desenvolverán os mércores, en horario de 18.00 a 19.00 horas, nas pistas ‘Gregorio Pérez Rivera’, onde os rapaces con TEA coincidirán con outros usuarios/as. A primeira das sesións deste proxecto, cuxo desenvolvemento terá continuidade ata o mes de xuño, desenvolverase esta tarde.
As entidades promotoras desta iniciativa confían en que este programa teña continuidade ao longo do vindeiro curso académico. Ademais, no acto de presentación fíxose fincapé no feito de que o enfoque lúdico das sesións, xunto co seu elevado grao de estruturación, permitirán aos rapaces entre 7 e 9 anos poder iniciarse nunha práctica deportiva adaptada que achega tamén beneficios físicos para a súa saúde.
Esta nova actividade reforza as ligazóns entre a USC e Capaces Lugo, unha asociación que agrupa a familias con trastornos do espectro autista (TEA) e de trastornos da comunicación centrada na formación e na sensibilización na provincia de Lugo, que xa en 2015 ofreceu unha charla sobre trastornos da comunicación dirixida a a alumnado da Facultade de Formación do Profesorado e na que participaron como relatoras Macarena Campo Lago e Olga Dablanca.
Aberta a inscrición no curso de iniciación ao voluntariado e á cooperación en Lugo
O curso de iniciación ao voluntariado e cooperación no campus de Lugo, poderá cursarse de forma autónoma no campus virtual entre 1 de febreiro e o 30 de abril. Esta modalidade formativa conta con titorías presenciais, ás que se poderá acudir todos os mércores. As sesións de titoría servirán de guía para a elaboración da memoria que os participantes neste programa formativo deben presentar ao finalizar o curso de iniciación ao voluntariado, a fin de que sexa recoñecido academicamente con 2 créditos ECTS ou créditos de libre configuración. O custe da inscrición no curso de iniciación ao voluntariado e á cooperación programado pola USC no campus de Lugo é de 60 € . As persoas interesadas poden formalizar a súa matrícula ata 15 de abril no espazo web do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Formación con Marlene Horna 18 de outubro 2025

  O próximo 18 de outubro teremos unha nova formación con  Marlene   Horna  como relatora, tratará sobre: SOLUCIÓNS PRÁCTICAS FRONTE A SITUACIÓNS COTIÁS EN AUTISMO  Como promover o entendemento mutuo, a colaboración e o benestar emocional. CONTIDOS :      1. Os rumbos da mirada predominantemente neurotípica.      2. Mellorando a comunicación e a linguaxe entre autistas e alistas.      3. Apoios visuais: os 1001 tipos e funcións diferentes.      4. Facilitadores da comprensión mutua e a colaboración en clase e en casa.      5. Vivir con disfunción executiva.      6. Intereses e entusiasmos: cando promover ou cando regular.      7. Promover a flexibilidade cognitiva e a tolerancia á frustración.      8. Socializar e ter amigos: un enfoque diferente.      9. Preparándonos para a vida futura.   Para poder anotarse tedes que cubr...

VOLCATEA. BUSCAMOS VOLUNTARIADO. CHAMÁMOSVOS A ACCIÓN!

  Pictograma de Arasaac. VOLCATEA é un programa de voluntariado que busca a inclusión das persoas con TEA nas actividades da vida diaria, deportivas e extraescolares durante os meses de outubro a xuño. Para máis información podes chamarnos ao 619170890 ou escribirnos un email a capaceslugo@gmail.com  . Se queres anotarte só tes que cubrir o formulario que temos na pestana "colabora" na nosa web capaceslugo.com. Accede premendo aquí .

Ferramentas para a accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo

  A sinalización accesible, o uso de pictogramas, o control dos estímulos sensoriais ou a anticipación da información son só algúns dos recursos que favorecen a accesibilidade cognitiva das persoas con autismo. Esta guía, publicada no marco do proxecto Rumbo, recolle ferramentas, normativas e casos de boas prácticas para que a información, as comunicacións e a contorna física sexan accesibles para todas as persoas. As características e necesidades maioritarias que presentan as persoas autistas no seu día a día introducen matices importantes a ter en conta cando falamos da accesibilidade cognitiva dun elemento, contorna ou servizo. A normativa vixente non resulta suficiente para garantir a inclusión das persoas no espectro, por iso desde o proxecto Rumbo desenvolveuse esta guía ‘Accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo’ na que se ofrece o coñecemento, as ferramentas e unha serie de boas prácticas para facer amigables e comprensibles as contornas e a comunicación. Aínda q...