Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2016

ACTIVIDADES PREVISTAS PARA O 2 DE ABRIL

Como xa todos sabedes o 2 de abril é o dia mundial de concienciación de autismo, e dende a asociación CAPACES temos varias actividades previstas nas que esperamos seguir concienciando e informando á sociedade, cousa que temos que facer todos os dias, pero quizáis máis o dia en que o mundo parece que nos escoita ou nos fai máis caso. As actividades a realizar serán as seguintes: 1. Colocación de globos azuis nas portas da Muralla Romana, nos balcóns da fachada da Deputación de Lugo,  na fachada do Concello de Lugo, e  na fachada do Concello de Ribadeo, e tamén en Ribadeo, haberá durante todo o dia un cartel luminoso onde se recordará que é o dia do autismo. 2. Mesas informativas e pintacaras na rúa, "Pintate de azul polo autismo", estaremos o longo da mañá na Rúa Bispo Aguirre e na Rúa da Raiña, pintaremos a quen queira un corazón azul ou unha peza de puzzle. 3. Ás 12:30 faremos por terceira ano consecutivo o percorrido polo adarve da mura

CURSO DE INTERVENCIÓN EDUCATIVA NOS TEL

O vindeiro 9 de abril teremos o gusto de ter con nós as Logopedas Mónica Vilameá e a Marina Linares para impartir un curso sobre a intervención educativa nos trastornos especificos da linguaxe. O Curso será de 10 a 14 horas, con media hora de descanso, e o aforo é limitado, para anotarse só tedes que cubrir o seguinte  FORMULARIO O prazo para anotarse comenza hoxe 16 de marzo e remata o 31 de marzo. O Precio é de 15 euros para non socios e gratuito para socios O Lugar de realización será o Colexio de Fingoi, que sempre colabora con nós cedendonos o espacio en canto o pedimos. web do colexio fingoi Istos son os contidos do curso INTERVENCIÓN EDUCATIVA NOS TEL: ESTIMULACIÓN DOALUMNADO CON TEL. 1. Trastorno Específico da Linguaxe (TEL). a. ¿Qué é o TEL? b. ¿Cómo é un neno/a con TEL nas distintas etapas escolares?. 2. Etapa infantil. a. Detección do TEL na aula de educación infantil. b. Estratexias de estimulación da linguaxe dentro da aula. c. A

ACERCASE O 2 DE ABRIL

ESCOLA DE FAMILIAS SOBRE CONDUCTA

O vindeiro sábado 12 de marzo teremos con nós a Marlene Horna para impartirnos unha escola de familias sobre os problemas de conducta, será no centro social Uxio Novoneyra de 10:30 a 13:30, os socios irán gratis, e abrimos 5 prazas para non socios que costará 20 euros por persoa. Para anotarvos tedes que cubrir o seguinte formulario . As prazas para non socios cubriranse por orden de inscripción. O prazo para inscribirse remata o luns 7 de marzo.