Ir al contenido principal

Escola de familias "Os irmáns e as irmás tamén contan"

O vindeiro sábado 18 de setembro teremos unha escola de familias sobre as irmás e os irmáns das persoas con TEA. Teremos de relatora a Marlene Horna, e durante as tres horas de duración as familias asistentes poderán preguntar todas as dúbidas e escoitar os consellos que nos ofrezca neste tema tan importante e interesante.

Será no Salón de actos da casa das asociacións María Mariño.

Preme aquí:  Ubicación

Comezará ás 11:00 da mañá e rematará ás 14:00 horas.

Esta escola está financiada polo programa de "Escola, formación e asesoramento de familias" subvencionado pola Xunta de Galicia-Consellería de Política Social, en colaboración coa Federación Autismo Galicia.

A inscrición é de balde, só tedes que cubrir o seguinte FORMULARIO.

O prazo para inscribirse remata o vindeiro mércores 15 de setembro.

As socias e socios teñen prioridade, e poden asistir as familias que así o pidan por estricto orden de inscrición.





Comentarios

Entradas populares de este blog

Formación con Marlene Horna 18 de outubro 2025

  O próximo 18 de outubro teremos unha nova formación con  Marlene   Horna  como relatora, tratará sobre: SOLUCIÓNS PRÁCTICAS FRONTE A SITUACIÓNS COTIÁS EN AUTISMO  Como promover o entendemento mutuo, a colaboración e o benestar emocional. CONTIDOS :      1. Os rumbos da mirada predominantemente neurotípica.      2. Mellorando a comunicación e a linguaxe entre autistas e alistas.      3. Apoios visuais: os 1001 tipos e funcións diferentes.      4. Facilitadores da comprensión mutua e a colaboración en clase e en casa.      5. Vivir con disfunción executiva.      6. Intereses e entusiasmos: cando promover ou cando regular.      7. Promover a flexibilidade cognitiva e a tolerancia á frustración.      8. Socializar e ter amigos: un enfoque diferente.      9. Preparándonos para a vida futura.   Para poder anotarse tedes que cubr...

VOLCATEA. BUSCAMOS VOLUNTARIADO. CHAMÁMOSVOS A ACCIÓN!

  Pictograma de Arasaac. VOLCATEA é un programa de voluntariado que busca a inclusión das persoas con TEA nas actividades da vida diaria, deportivas e extraescolares durante os meses de outubro a xuño. Para máis información podes chamarnos ao 619170890 ou escribirnos un email a capaceslugo@gmail.com  . Se queres anotarte só tes que cubrir o formulario que temos na pestana "colabora" na nosa web capaceslugo.com. Accede premendo aquí .

Ferramentas para a accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo

  A sinalización accesible, o uso de pictogramas, o control dos estímulos sensoriais ou a anticipación da información son só algúns dos recursos que favorecen a accesibilidade cognitiva das persoas con autismo. Esta guía, publicada no marco do proxecto Rumbo, recolle ferramentas, normativas e casos de boas prácticas para que a información, as comunicacións e a contorna física sexan accesibles para todas as persoas. As características e necesidades maioritarias que presentan as persoas autistas no seu día a día introducen matices importantes a ter en conta cando falamos da accesibilidade cognitiva dun elemento, contorna ou servizo. A normativa vixente non resulta suficiente para garantir a inclusión das persoas no espectro, por iso desde o proxecto Rumbo desenvolveuse esta guía ‘Accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo’ na que se ofrece o coñecemento, as ferramentas e unha serie de boas prácticas para facer amigables e comprensibles as contornas e a comunicación. Aínda q...