O pasado 14 de xaneiro celebramos unha charla sobre o acoso na escola ás persoas con diversidade funcional. Foi un acto moi participativo, e agradecemos moito a boa asistencia á charla, demostrando que se trata dun tema de moita importancia hoxe en día, e que temos que seguir traballando para que disminúa o numero de persoas que sofren acoso na escola.
O próximo 18 de outubro teremos unha nova formación con Marlene Horna como relatora, tratará sobre: SOLUCIÓNS PRÁCTICAS FRONTE A SITUACIÓNS COTIÁS EN AUTISMO Como promover o entendemento mutuo, a colaboración e o benestar emocional. CONTIDOS : 1. Os rumbos da mirada predominantemente neurotípica. 2. Mellorando a comunicación e a linguaxe entre autistas e alistas. 3. Apoios visuais: os 1001 tipos e funcións diferentes. 4. Facilitadores da comprensión mutua e a colaboración en clase e en casa. 5. Vivir con disfunción executiva. 6. Intereses e entusiasmos: cando promover ou cando regular. 7. Promover a flexibilidade cognitiva e a tolerancia á frustración. 8. Socializar e ter amigos: un enfoque diferente. 9. Preparándonos para a vida futura. Para poder anotarse tedes que cubr...

Comentarios
Publicar un comentario