Ir al contenido principal

PROXECTO ESCOLA DE VERÁN





Obxetivos:
-Manter durante o verán a intervención nos nenos/as con TEA ou TC, de forma que non retrocedan no aprendizaxe das súas habilidades sociais e de comunicación.
-Manter a estructura que necesitan para o correcto aprendizaxe curricular.
-Aproveitar a plasticidade cerebral durante a infancia para impulsar e asentar as aprendizaxes.
-Manter e mellorar as habilidades pre-académicas e académicas adquiridas durante o curso.

Ubicación: Cesión local social do centro de Convivencia da Milagrosa.


Vantaxes:

-Dase continuidade ó traballo realizado nas aulas TXD e por os PTs e á inversión realizada por Educación e o mesmo tempo dase uso ás instalacións vacías dunha escola pública (en desuso de otro modo) durante o verán, logrando unha óptima utilización dos recursos que a Xunta de Galicia e o Concello de Lugo utilizan en Educación.
-Mantense a intervención nos nenos/as con TEA ou TC dando continuidade ó traballo realizado durante o curso escolar.
-Maior intervención terapéutica na infancia, menor discapacidade na idade adulta (e menor coste para as Institucións porque se logran melloras impredecibles no seu desenrolo).
-Permitese a rotación de profesionais especializados en necesidades especiais e crease un núcleo de profesionais de referencia especializados en TEA ou TC.
-Permitense sinerxias, en canto que o mesmo funcionamiento actual das aulas TXD transladase á estructura da escola de verán.
-Poderianse coordinar actividades de integración con nenos de campamentos urbanos do Concello, buscando sinerxias en actividades e impulsando a inclusión.
-Fomentase o voluntariado e a solidaridade nun proxecto que persigue tanto a formación dos nenos/as como a dos profesionais e a integración e inclusión.
-É un modelo de boas prácticas que as Institucións lucenses e galegas poden “exportar” a outras comunidades españolas.

Características:
-Fechas: 4 de xullo ó 26 de agosto.
-Horario: 10.00 a 14.00 horas.
-Grupos de tres- cinco nenos/as cun profesional especialista contratado e alo menos un voluntario ou persoa en prácticas por cada neno/a.
-Actividades fora da aula.



Contido:
-Aprendizaxe de habilidades funcionais, de forma estructurada, en situacións ó aire libre e no interior.
-Aprendizaxe de habilidades sociais: xogos infantís, que deben coñecer para socializar con outros nenos no colexio, pero que deben aprender cun método específico a través de apoios visuais e modelaxe corporal.
-Actividades pre-académicas e académicas: lectoescritura, grafomotricidade e materias curriculares.
-Mellora da autonomía (vestir, comer).
-Terapia da fala.
-Actividade estructurada ó comezo do dia que lles axuden a facer a transición a actividades máis libres.





ESCOLA DE VERÁN CON INTERVENCIÓN
Este proxecto da Escola de verán con intervención naceu en 2015 con vocación de continuidade, é dicir, como proxecto a levarse a cabo cada verán, ampliando as edades e os obxetivos da Escola según vaia consolidándose o proxecto. A primeira edición tivo lugar en 2015 coa participación de 5 nenos, 2 profesionais contratados e 5 voluntarios. Na edición 2016 prevénse 10 nenos, 3 profesionais e 10 persoas en prácticas ou voluntarios.

Queremos agradecer enormemente a axuda recibida pola USC, a través do SEPIU e de Fátima Teixeiro, e axuda incondicional de Loli Rodriguez Vivero

Esperamosvos o dia 30 para explicaros en persoa en que consiste a escola de verán.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Formación con Marlene Horna 18 de outubro 2025

  O próximo 18 de outubro teremos unha nova formación con  Marlene   Horna  como relatora, tratará sobre: SOLUCIÓNS PRÁCTICAS FRONTE A SITUACIÓNS COTIÁS EN AUTISMO  Como promover o entendemento mutuo, a colaboración e o benestar emocional. CONTIDOS :      1. Os rumbos da mirada predominantemente neurotípica.      2. Mellorando a comunicación e a linguaxe entre autistas e alistas.      3. Apoios visuais: os 1001 tipos e funcións diferentes.      4. Facilitadores da comprensión mutua e a colaboración en clase e en casa.      5. Vivir con disfunción executiva.      6. Intereses e entusiasmos: cando promover ou cando regular.      7. Promover a flexibilidade cognitiva e a tolerancia á frustración.      8. Socializar e ter amigos: un enfoque diferente.      9. Preparándonos para a vida futura.   Para poder anotarse tedes que cubr...

VOLCATEA. BUSCAMOS VOLUNTARIADO. CHAMÁMOSVOS A ACCIÓN!

  Pictograma de Arasaac. VOLCATEA é un programa de voluntariado que busca a inclusión das persoas con TEA nas actividades da vida diaria, deportivas e extraescolares durante os meses de outubro a xuño. Para máis información podes chamarnos ao 619170890 ou escribirnos un email a capaceslugo@gmail.com  . Se queres anotarte só tes que cubrir o formulario que temos na pestana "colabora" na nosa web capaceslugo.com. Accede premendo aquí .

Ferramentas para a accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo

  A sinalización accesible, o uso de pictogramas, o control dos estímulos sensoriais ou a anticipación da información son só algúns dos recursos que favorecen a accesibilidade cognitiva das persoas con autismo. Esta guía, publicada no marco do proxecto Rumbo, recolle ferramentas, normativas e casos de boas prácticas para que a información, as comunicacións e a contorna física sexan accesibles para todas as persoas. As características e necesidades maioritarias que presentan as persoas autistas no seu día a día introducen matices importantes a ter en conta cando falamos da accesibilidade cognitiva dun elemento, contorna ou servizo. A normativa vixente non resulta suficiente para garantir a inclusión das persoas no espectro, por iso desde o proxecto Rumbo desenvolveuse esta guía ‘Accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo’ na que se ofrece o coñecemento, as ferramentas e unha serie de boas prácticas para facer amigables e comprensibles as contornas e a comunicación. Aínda q...