Dende a asociación Capaces queremos desexarvos unha boa entrada de ano e que no 2023 se fagan realidade todo os vosos desexos, ou polo menos a maioría.
Queremos deixarvos un video resumindo a actividade feita dende a asociación neste ano que termina. Foron tres programas de ocio, vida independente e actividades medioambientais, ademáis da formación que sempre temos e de traballar en rede coa Rede Lucense de Voluntariado.
Esperamos que vos guste e agradecemos a todas as institucións que o fan posible e a aportación das familias socias e non socias de Capaces Lugo.
Comentarios
Publicar un comentario