E xa estamos en setembro, así que comezamos coas actividades despois das vacacións. O vindeiro 23 de setembro, sábado, voltamos co programa "Coidar ao que coida", un programa de atención sociofamiliar da Federación Autismo Galicia, subvencionado pola Consellería de Política Social e Xunventude da Xunta de Galicia e desenvolto pola Asociación Capaces Lugo, onde as familias, guiadas por Carmen Moreno, terapeuta con máis de 10 anos de experiencia do Centro Psicopedagógico CREA, poden compartir as súas emocións e dúbidas. Aberto para todxs, gratuito para socios e cunha aportación por non socios.
Unha ollada a todo o que logramos co programa "TEA-Activa da Federación Autismo Galicia "! Grazas ao apoio e financiamento da Xunta de Galicia Consellería de Política Social e Igualdade, puidemos levar a cabo unha serie de actividades esenciais para o desenvolvemento e a inclusión social: dende o ocio deportivo (carreira popular), pasando polo cine, ata as habilidades de autonomía no fogar e na comunidade (cociña e compras). Programa Participación Comunitaria TEA-Activa da Federación Autismo Galicia, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2024. e desenvolto pola Asociación Capaces Lugo . Agradecemos sinceramente este impulso, que se destina á realiza...

Comentarios
Publicar un comentario