Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2015

RESUME DAS ACTIVIDADES REALIZADAS Ó LONGO DO ANO 2015

Programa de Escola de Familias: Realizamos un programa destinado ás familias, facendo obradoiros e cursos con profesionais que nos axudan a entender un pouco máis ós nosos fillos e a resolver as nosas dudas. Neste programa fixemos dúas Escolas de Familias : -o 25 de abril,” Obradoiro de adaptación de materiais” ó que asistiron 45 persoas, foi impartido por Esther Cuadrado no colexio de Fingoi. -o 23 de maio, “Habilidades sociais” , ó que asistiron 12 familias, impartido por Marlene Horna no centro social Uxio Novoneyra. Programa de Ocio Inclusivo: Realizamos actividades que existen na comunidade, poñendo os apoios necesarios para que poidan acudir a elas con todalas garantias e participando cos demáis, gracias a moitos dos nosos socios colaboradores e voluntarios. Neste senso fixemos : Sesión de cine adaptado , o 15 de maio ás 18:00 horas, fixemos unha sesión de cine inclusiva á que podia asistir calquera, a diferencia estaba en que

FELIZ ANINOVO!!!

BO NADAL PARA TODOS

CAPACITANDO (1ª SEMANA SOBRE A DIVERSIDADE FUNCIONAL)

Esta semana que entra (do 14 ao 17 de decembro) vaise celebrar a Primeira semana sobre a diversidade funcional organizada polo CIFP Porta da Agua  de Ribadeo, e Capaces Lugo ten o prazer de poder colaborar coa charla Ponte no seu lugar sobre o Trastorno Específico da Linguaxe (TEL). A nosa participación será o martes día 15 en dous turnos, o primeiro, de 10:00 a 11:30 e o segundo de 12:00 a 13:30. Son actividades abertas a toda a cidadanía, así que animámovos a vir e participar nelas.  Damos as gracias ao CIFP Porta de Auga por pensar en nos para estas xornadas e por organizar unhas actividades tan necesarias. DESTINADO A Estudantes do CIFP e aberto a toda a cidadanía. LUGAR CIFP Porta de Auga Av de Luarca Ribadeo (Lugo) DATAS Do 14 ao 17 de decembro Charla Ponte no seu lugar : 15 de decembro (10:00-11:30/12:00-13:30)