Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2018

COLABORACIÓN CO CPI Dr. LÓPEZ SUÁREZ

Dentro dos nosos servizos está o de Programa de accesibilidade cognitiva, e por petición do CPI Dr. López Suárez, facilitamoslles os pictogramas que nos pediron para colocar no centro, a petición veu da Profesora AL e da Titora de terceiro.  Moitisimas gracias polo voso interés. WEB CPI LÓPEZ SUÁREZ

CEIP PLURILINGÜE DE COVAS, CHARLA PARA OS NENOS E NENAS DO CEIP

A mediados de marzo recibimos a petición de Olalla, orientadora do CEIP Plurilingüe de Covas, para que na semana do 2 de abril foramos a darlle unha charla sobre autismo ós nenos e nenas do centro. Así que aceptamos a invitación e o pasado 3 de abril estivemos pola mañá explicandolles a todos os rapaces e rapazas o que é ter autismo, e o beneficio das diferencias. Pasamolo moi ben, e próximo 17 de abril voltaremos alí, esta vez para falar con mestres e familias.

V XORNADAS DE VOLUNTARIADO

Outro ano máis, e xa é o cuarto, participamos nas V Xornadas de Voluntariado que organiza Fátima Teixeiro, do SEPIU, na Facultade de Formación do profesorado, no Campus Terra de Lugo. Queremos agradecer a invitación, e gran acollida os nosos proxectos, como a escola de verán, que esperamos seguir mantendo gracias o voluntariado que nos chega dende a USC. Como podedes ver na foto, estivemos moi ben acompañados por Fernando e Esther da Asociación Dignidade de Lugo, pola Directora do CEIP Paradai, Marta, e por Uxía, directora do Prácticum da Facultade de Formación do Profesorado.

2 DE ABRIL: DIA DO AUTISMO

Como todos os anos dende Capaces celebramos o 2 de abril, dia do autismo. Este ano fumos a Foz a manifestarnos na praia de A Rapadoira, xunto co excelentisimo señor Alcalce de Foz, Don Javier Jorge Castiñeira, leimos o Manifesto deste ano e fixemos unha solta de globos na praia. De 12 a 14 horas tivemos uns inchables na Sala Bahia de Foz para o goce dos nosos rapaces e rapazas e de quen quiso compartir o dia con nós. Moitas gracias ó Concello de Foz por facer posible isto e por acompañarnos. Tamén estivemos presentes en Lugo a través da colaboración coa Asociación Lugo Monumental, o poñer en todos os establecementos socios, globos azuis e carteis apoiando o dia do autismo .

II XORNADAS DE AUTISMO: INTEGRACIÓN SENSORIAL NA AULA

O curso realizado o pasado 3 de febreiro sobre a integración sensorial na aula, foi todo un éxito, 100 inscricións, aforo completo. Moitas gracias o sindicato STEG pola organización e por colaborar con nós, esperamos que xa fagamos máis colaboracións máis veces. Gracias a todos os que asististedes ó curso.