Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2022

PROGRAMA "SERVICIO DE AXUDA E ASISTENCIA AS PERSOAS CON TEA"

Dende o ano 2017 temos asinado un Convenio de  colaboración coa Deputación de Lugo, onde atendemos ao programa de Axuda e asistencia ás persoas con TEA, neste ano e no pasado 2021 temos actividades de ocio e respiro familiar os sábados pola mañá, onde os rapaces e rapazas traballan a autonomía e tamén os xogos e interactúan entre eles, todo gracias a colaboración coa Deputación de Lugo, e co Concello de Lugo ao ter reservado un local no Centro María Balteira, onde organizamos as actividades coa empresa Ludus Tempori. Este programa é totalmente de balde para os socios, tendo prazas limitadas. Aquí deixamos algunhas fotos das actividades.