Ir al contenido principal

Entradas

ADOLESCENCIA NOS TEA

Título da actividade “Adolescencia nos trastornos do espectro autista (TEA)” *nota: esta actividade está organizada en colaboración co Sindicato STEG, a quen agradecemos enormemente a súa axuda e conta coa colaboración do Concello de Lugo, que nos brinda a posibilidade de desenvolvela nun marco incomparábel como é o Vello Cárcere. Áreas Integración didáctica das TICS. Recursos didácticos. Dinamización lingüística. Bibliotecas. Competencia en lectura e escritura. Competencia lingüística. Fomento da lectura. Temas Transversais. Competencias sociais e cívicas. Coeducación. Titoría. Mellora da Convivencia. Atención educativa á diversidade. Educación Medioambiental, Coñecemento do medio, Educación en valores. Destinatarios Internivel. Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. Familias de persoas con TEA, persoas con TEA, terapeutas que traballe con persoas con TEA. Modalidade Xornadas (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013). Número...

DIA MUNDIAL DO AUTISMO 2019

 O DMCA xa está preto e dende Capaces xa estamos preparando os actos que vedes neste cartaz. O punto forte do día será a proxección da pelicula-documental Quiero ser cebra, onde se relata a historia de catro persoas con autismo e a clave da felicidade, non volo podedes perder. Será o 2 de abril ás 20:30h nos cines Codex Cinema de Lugo situados na praza Viana do Castelo nº 3 en Lugo. Entrada/donativo: 4€ Imos facer tamén un video recollendo ás fotos ou videos que nos queirades mandar facendo un xesto polo autismo, podedes mandalas ó noso Facebook como mensaxe privado, ou por Whatsapp ó teléfono 619 17 08 90. Gracias por participar!!

MÁIS CINE ADAPTADO, ESTA VEZ EN RIBADEO

Estamos moi emocionados, gracias a colaboración co  Concello de Ribadeo , en concreto, coa Concelleira de Saúde e Servizos Sociais, Sonia Meilán Vizoso, tamén se disfrutará o vindeiro Luns 18 de febreiro, día Mundial da Sindrome de Asperger, dunha sesión de cine adaptado ás persoas con autismo, será no  Cine Ribadeo  ás 18:00 horas, a Lego Película 2, e tamén a precio reducido de 4,50€. Moitisimas gracias ós cines e a Concelleira por escoitarnos e facelo posible.  Xa sabedes, cin e adaptado en Lugo e en Ribadeo o luns 18.

Cine adaptado polo día Mundial da Síndrome de Asperger

O vindeiro 18 de febreiro é o dia Mundial da Síndrome de Asperger, e dende Capaces pensamos que a mellor maneira de visibilizar esta sindrome e ós TEA é a través de actividades de ocio adaptadas para as persoas con TEA, asi que falamos con Codex Cinema Lugo, fóron moi sensibles e enseguida conseguimos chegar á decisión de colaborar, e todos os meses haberá unha sesión adaptada ás necesidades das persoas con TEA. O Luns 18 ás 18:00 horas será a primeira de moitas sesións inclusivas para persoas con TEA, moitas gracias a Codex Cinema!!!. O meu veciño Totoro xa é un filme sobre a inclusión, as diferentes formas de ver o mundo e a bondade e a necesidade de aceptar as visións dos demais. Un filme tan amable como certeiro na súa análise da mente infantil, no que tanto os máis pequenos como os adultos poden recoñecerse facilmente. Aceptar aos demais para vivir mellor en sociedade é a gran mensaxe deste filme e de toda a obra do mestre Hayao Miyazaki, polo que parece moi adecuado para comez...

PARTICIPACIÓN NA XORNADA DA DIVERSIDADE DO CIFP "PORTA DA AUGA"

O pasado 19 de decembro participamos na Xornada da Diversidade que organizou o centro CIFP Porta da Auga de Ribadeo, foi unha gran experiencia con sorpresa incluida!!, esperamos seguir colaborando con eles, e con calquer centro que así o pida. Moitas gracias!!!

ZUMBA SOLIDARIA

Moitas gracias!!! palabras de Noemí, as que nós tamén nos sumamos: "Gracias una vez más a todos y cada uno de los que habéis hecho posible que todo esto se llevase a cabo.... Se han recaudado 825'92€ para Capaces Lugo y entre todos lo hemos hecho posible. Capaces Lugo ALTAFIT GIMNASIOS Luzsonga Lugo Puzzle Animacion S.L. Gadis Stick Garage Concello de Lugo Libreria Galicia @Fundacion TIC Ceip Menéndez Pelayo El Progreso de Lugo A todos los compañeros Zin que participasteis de manera desinteresada, a mis alumnos zumba kids del AMPA Amigos del Menéndez y Pelayo, y sobretodo a todos y cada uno de vosotros qué estuvisteis ahí apoyando desde el primer día, a todas y cada una de las personas que viniesen o no aportaron su granito de arena. Eternamente agradecida..."