O vindeiro 31 de outubro teremos o pracer de ter con nós a Gey Lagar; Autora do Programa de Inclusión Social: Patios y Parques Dinámicos e nai dun neno con TEA. Convive familiar e profesionalmente con persoas de diferentes idades e manifestacións do autismo. Licenciada en Xeografía e Historia, Técnico Superior en Educación Infantil, posgrado da Universidade de Alcalá de Henares en Experto en Trastornos do Espectro Autista (TEA), terapeuta de Habilidades Sociais a través do Xogo e o Movemento na Asociación Asperger Asturias. Membro de AETAPI e da Plataforma de TEA Asturias. PROGRAMA DO CURSO O Xogo como ferramenta de Inclusión . Introducción ó Programa de Patios y Parques Dinámicos onde se reflexa a importancia do Xogo para calquer neno ou nena como ferramenta de aprendizaxe, de disfrute e de Inclusión. Programa de Patios Dinámicos: Intervención en contexto escolar para alumnado con TEA. O programa de Patios Dinámicos e unha ferramenta de Inclusión...