📢🤝 A ASOCIACIÓN CAPACES LUGO SÚMASE A MURALLALANDIA 🤝📢 Unimos forzas cun proxecto marabilloso que busca mellorar a estancia dos máis pequenos no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo. Murallalandia converterá a área de pediatría nun espazo lúdico e educativo inspirado na Muralla Romana, promovendo o benestar e a aprendizaxe a través do xogo. Esta iniciativa faise realidade grazas á colaboración co SERGAS , Banco Mediolanum e a Fundación Breogán , entidades comprometidas coa humanización dos espazos hospitalarios e coa mellora da calidade de vida dos nenos hospitalizados. 🔹 Como se fará? O proxecto financiarase a través das doazóns recibidas en 👉 www.migranodearena.org e dos fondos recadados en eventos solidarios organizados para este fin. Existen diferentes formas de patrocinio para aquelas entidades ou persoas que queiran sumarse á iniciativa: 🏆 Patrocinador Corporativo 🎖️ Patrocinador VIP 🤝 Patrocinador Colaborador Adema...