A sinalización accesible, o uso de pictogramas, o control dos estímulos sensoriais ou a anticipación da información son só algúns dos recursos que favorecen a accesibilidade cognitiva das persoas con autismo. Esta guía, publicada no marco do proxecto Rumbo, recolle ferramentas, normativas e casos de boas prácticas para que a información, as comunicacións e a contorna física sexan accesibles para todas as persoas. As características e necesidades maioritarias que presentan as persoas autistas no seu día a día introducen matices importantes a ter en conta cando falamos da accesibilidade cognitiva dun elemento, contorna ou servizo. A normativa vixente non resulta suficiente para garantir a inclusión das persoas no espectro, por iso desde o proxecto Rumbo desenvolveuse esta guía ‘Accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo’ na que se ofrece o coñecemento, as ferramentas e unha serie de boas prácticas para facer amigables e comprensibles as contornas e a comunicación. Aínda q...