Ir al contenido principal

Entradas

CURSO SOBRE INTRODUCCIÓN Ó PROGRAMA TEACCH

O PROXIMO 9 DE MAIO TEMOS O GUSTO DE VOLVER A TER CON NÓS A MARLENE HORNA , IMPARTIRÁ ESTE CURSO DE 8 HORAS DE DURACION NA AULA DE USOS MÚLTIPLES DO COLEXIO FINGOI DE LUGO . Programa do curso: 1. INTRODUCCIÓN E CONTEXTO DO PROGRAMA TEACCH. A visión das persoas con TEA por parte do programa TEACCH. Técnicas educativas tradicionais vs. técnicas educativas TEACCH. 2.A IMPORTANCIA DA ENSINANZA ESTRUCTURADA COMO BASE PARA OS PROGRAMAS EDUCATIVOS. 3. A ESTRUCTURACIÓN FÍSICA :facendo que todo teña sentido. 4. OS HORARIOS VISUAIS: ¿qué está pasando?, ¿qué toca agora?, ¿cándo vai a chegar o que quero?, traballando a flexibilidade. 5. OS SISTEMAS DE TRABALLO: cómo organizarse, aprendo a traballar só. 6. INFORMACIÓN VISUAL : entendendo o que teño que facer, cánto me falta para rematar. 7. RECURSOS TEACCH. Task Galore, Guía do Currículo Preescolar, Cuestionarios de evaliación, etc. 8. CASOS PRÁCTICOS. O enfoque do curso será eminentemente práctico. As explica...

OBRADOIRO DE ESTHER CUADRADO, ADAPTACIÓN DE MATERIAIS

O vindeiro 25 de abril teremos o pracer de ter con nós outra a vez a Esther Cuadrado , esta vez virá a ensinarnos a todos como adaptar para nenos e rapaces con trastornos de comunicación e TEA, fai pouco que estivo en Cambados coa Asociación Por Dereito, e agora estará con nós. O horario do obradoiro será de 11:00 a 14:00 horas. O Obradoiro promete ser moi interesante e práctico, estas son as cousas que Esther nos vai a ensinar: -Nocións  ou principios básicos para a adaptación de material -Adaptación de contos -Adaptación de comics -Adaptación de cancións -Libros de texto e material complementario -Lapbooks -Pictoesquemas -Educación emocional -Anticipacións- guions -Lectoescritura práctica E tamén vainos adiantar un pouco sobre un novo proxecto que ten entre mans. Para anotaros so tedes que cubrir o seguinte  FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN , tedes ata o dia 20 de abril para facelo, O obradoiro será gratis para os socios de CAPACES e para os no socios ter...

PRESENTACIÓN DO LIBRO AUTISMO:RELATOS DE VIDA

Queremos dar as gracias a Manuel Ojea Rúa pola presentación, foi moi didáctica e axudounos a comprender mellor ás persoas con TEA e Trastornos da Comunicación Social, moitas gracias polo esforzo, xa que sabemos que é un home moi ocupado, o libro é moi práctico e como moi ben dixo ó final da presentación o máis importante de todo é conseguir que os centros educativos, os centros externos e as familias traballen en común polo ben do neno/a.

28 DE FEBREIRO, DIA MUNDIAL DAS ENFERMIDADES RARAS

O tema do Dia das Enfermidades raras 2015 Vivir cunha enfermidade rara rinde unha homenaxe ós pacientes, familiares e coidadores que están afectados dunha enfermidade rara. O eslogan DIA A DIA, CODO CON CODO, suscita a solidariedade entre as familias, organizacións de pacientes e comunidades. O 28 de febreiro do 2015 será o octavo Dia das Enfermidades raras e xa se están facendo preparativos en moitas partes. Visita a sección da web EURORDIS  Vivir con una enfermedad rara  para saber maís do que supon vivir dia a dia e codo con codo cunha enfermidade rara e cómo os pacientes e as súas familias  afrontan istos desafios. VIDEO DO DIA DAS ENFERMIDADES RARAS Hai un xesto que o cambio todo, #hazlasvisibles

4 DE ABRIL, MAXIA, MUSICA E DANZA EN FAVOR DE CAPACES

Esperamosvos a todos, non podedes perder esta gala, non so polos artistas que virán de xeito totalmente desinteresado, se non tamen por oir tocar e cantar a un dos nosos nenos, de verdade que o ides perder?

AUTISMO: RELATOS DE VIDA

Dende CAPACES estamos moi contentos e ilusionados coa presencia de Don Manuel Ojea Rúa , Doutor en Psicopedagoxia, Licenciado en Psicoloxia e Psicopedagoxia, Catedrático de Orientación Educativa de Instituto, Mestre asociado da Area de Psicoloxia Basica da Universidade de Vigo e Presidente da Asociación de Familias de Persoas con Trastornos da Comunicación Social "TRASCOS"  de Ourense. Ten un blog moi interesante de visita obrigada:  http://manuelojea.blogspot.com.es/  e tamén escribiu e publicou varios libros sobre TEA,  sendo o ultimo AUTISMO:RELATOS DE VIDA , o cal vai vir a presentar o vindeiro 5 de marzo aqui a Lugo, as 19:00 horas no centro social Uxio Novoneyra.