Ir al contenido principal

CURSO SOBRE INTRODUCCIÓN Ó PROGRAMA TEACCH



O PROXIMO 9 DE MAIO TEMOS O GUSTO DE VOLVER A TER CON NÓS A MARLENE HORNA, IMPARTIRÁ ESTE CURSO DE 8 HORAS DE DURACION NA AULA DE USOS MÚLTIPLES DO COLEXIO FINGOI DE LUGO.


Programa do curso:

1. INTRODUCCIÓN E CONTEXTO DO PROGRAMA TEACCH. A visión das persoas con TEA por parte do programa TEACCH. Técnicas educativas tradicionais vs. técnicas educativas TEACCH.
2.A IMPORTANCIA DA ENSINANZA ESTRUCTURADA COMO BASE PARA OS PROGRAMAS EDUCATIVOS.
3. A ESTRUCTURACIÓN FÍSICA:facendo que todo teña sentido.
4. OS HORARIOS VISUAIS: ¿qué está pasando?, ¿qué toca agora?, ¿cándo vai a chegar o que quero?, traballando a flexibilidade.
5. OS SISTEMAS DE TRABALLO: cómo organizarse, aprendo a traballar só.
6. INFORMACIÓN VISUAL: entendendo o que teño que facer, cánto me falta para rematar.
7. RECURSOS TEACCH. Task Galore, Guía do Currículo Preescolar, Cuestionarios de evaliación, etc.
8. CASOS PRÁCTICOS.
O enfoque do curso será eminentemente práctico. As explicacións de cada apartado basaranse en casos reais e se fará fincapé nos diferentes problemas que poidan aparecer en cada un dos apartados e cómo resolvelos.
Na parte final os participantes reuniránse en grupos para discutir e resolver diversos casos prácticos sobre o explicado previamente e se presentarán os resultados ó grupo xeral.

PARA ANOTAROS SÓ TEDES QUE CUBRIR O SEGUINTE FORMULARIO.

HORARIO: 10:00 A 14:00 e de 16:00 a 20:00

PRECIO : 60 EUROS para no socios, GRATIS para socios de CAPACES LUGO.
Darase diploma de asistencia
 O PRAZO DE MATRICULA REMATARÁ O 5 DE MAIO.

PRAZAS LIMITADAS

Comentarios

Entradas populares de este blog

Formación con Marlene Horna 18 de outubro 2025

  O próximo 18 de outubro teremos unha nova formación con  Marlene   Horna  como relatora, tratará sobre: SOLUCIÓNS PRÁCTICAS FRONTE A SITUACIÓNS COTIÁS EN AUTISMO  Como promover o entendemento mutuo, a colaboración e o benestar emocional. CONTIDOS :      1. Os rumbos da mirada predominantemente neurotípica.      2. Mellorando a comunicación e a linguaxe entre autistas e alistas.      3. Apoios visuais: os 1001 tipos e funcións diferentes.      4. Facilitadores da comprensión mutua e a colaboración en clase e en casa.      5. Vivir con disfunción executiva.      6. Intereses e entusiasmos: cando promover ou cando regular.      7. Promover a flexibilidade cognitiva e a tolerancia á frustración.      8. Socializar e ter amigos: un enfoque diferente.      9. Preparándonos para a vida futura.   Para poder anotarse tedes que cubr...

VOLCATEA. BUSCAMOS VOLUNTARIADO. CHAMÁMOSVOS A ACCIÓN!

  Pictograma de Arasaac. VOLCATEA é un programa de voluntariado que busca a inclusión das persoas con TEA nas actividades da vida diaria, deportivas e extraescolares durante os meses de outubro a xuño. Para máis información podes chamarnos ao 619170890 ou escribirnos un email a capaceslugo@gmail.com  . Se queres anotarte só tes que cubrir o formulario que temos na pestana "colabora" na nosa web capaceslugo.com. Accede premendo aquí .

Ferramentas para a accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo

  A sinalización accesible, o uso de pictogramas, o control dos estímulos sensoriais ou a anticipación da información son só algúns dos recursos que favorecen a accesibilidade cognitiva das persoas con autismo. Esta guía, publicada no marco do proxecto Rumbo, recolle ferramentas, normativas e casos de boas prácticas para que a información, as comunicacións e a contorna física sexan accesibles para todas as persoas. As características e necesidades maioritarias que presentan as persoas autistas no seu día a día introducen matices importantes a ter en conta cando falamos da accesibilidade cognitiva dun elemento, contorna ou servizo. A normativa vixente non resulta suficiente para garantir a inclusión das persoas no espectro, por iso desde o proxecto Rumbo desenvolveuse esta guía ‘Accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo’ na que se ofrece o coñecemento, as ferramentas e unha serie de boas prácticas para facer amigables e comprensibles as contornas e a comunicación. Aínda q...