O vindeiro sábado 23 de maio volvemos ter a Marlene Horna, con nós, esta vez só para as familias de CAPACES LUGO, impartirá unha escola de familias sobre habilidades sociais, irá enfocado para as familias que asistan onde preguntarán polos seus casos concretos, e intentaremos darlle solucións ou estratexias, Será no centro Social Uxio Novoneyra de 10:30 a 13:30, aprenderemos moito, seguro!!
O próximo 18 de outubro teremos unha nova formación con Marlene Horna como relatora, tratará sobre: SOLUCIÓNS PRÁCTICAS FRONTE A SITUACIÓNS COTIÁS EN AUTISMO Como promover o entendemento mutuo, a colaboración e o benestar emocional. CONTIDOS : 1. Os rumbos da mirada predominantemente neurotípica. 2. Mellorando a comunicación e a linguaxe entre autistas e alistas. 3. Apoios visuais: os 1001 tipos e funcións diferentes. 4. Facilitadores da comprensión mutua e a colaboración en clase e en casa. 5. Vivir con disfunción executiva. 6. Intereses e entusiasmos: cando promover ou cando regular. 7. Promover a flexibilidade cognitiva e a tolerancia á frustración. 8. Socializar e ter amigos: un enfoque diferente. 9. Preparándonos para a vida futura. Para poder anotarse tedes que cubr...

Comentarios
Publicar un comentario