Ir al contenido principal

XORNADA DE CINE INCLUSIVO E CARTAS ADAPTADAS CON PICTOGRAMAS DE ARASAAC PARA OS RESTAURANTES DA PROVINCIA

Capaces Lugo e Lugo Monumental organizan unha xornada de cine adaptado e cartas para hostelería
  • As asociaciones Capaces Lugo e Lugo Monumental presentaron esta mañá, acompañados dos colaboradores (A Xunta de Galicia, El Progreso, Caixa Rural Galega e Analit) ambas iniciativas.
  • A xornada de cine adaptado terá lugar no salón de actos da Consellería de Sanidade, na Rúa Montevideo, este venres día 15 ás  18:00 horas.
  • As cartas serán facilitadas ós restaurantes interesados. Cheché Real, presidente da  Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería, ofreceu  a colaboración desta entidade para a difusión da iniciativa.

Capaces e Lugo Monumental uniron as  suas forzas para levar adiante dúas iniciativas novedosas en Lugo, en favor das persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA), e particularmente dos nenos.

1.- Cartas adaptadas para locales de hostelería:
A idea fundamental é o uso de pictogramas para nenos con trastorno do espectro autista (TEA).
Debido ós graves problemas de comunicación que teñen as persoas con estos trastornos, a verbalización dos seus desexos é en ocasions inviable. Estas cartas, realizadas a través de pictogramas de Arasaac, facilitan que poidan expresar os seus desexos e mellorar a capacidade para comunicarse no seu entorno.

2.- Proxección piloto de cine adaptado:
A iniciativa consiste en realizar unha sesión de cine adaptado, no que os nenos con este tipo de trastornos poidan ver películas adaptando esta proxección as súas necesidades (reducindo o sonido e non  apagando as luces completamente entre outras medidas).
Neste caso diseñamos unha proxección piloto onde a súa repetición dependerá do éxito que teña, debido o alto coste que supon.

A proxección terá lugar este Venres día 15 de maio ás 18:00 horas no salón de actos da  Xefatura Territorial de Sanidade, na Rúa MontevideoTodos están invitados: Queremos destacar que ainda que a  proxección é adaptada, a invitación é aberta a tódolos nenos que desexen ver a película “Horton y el mundo de los quién”. Tanto para nenos con TEA como para menores os que os seus pais desexen iniciar no mundo do cine, a entrada será libre e gratuita ata completar o aforo.

Colaboradores.-
Dende Capaces Lugo e Lugo Monumental queremos agradecer a desinteresada colaboración da Xunta de Galicia, El Progreso, Caixa Rural Galega e Analit, sin a súa participación estas iniciativas no serían posibles.
Tamén destacar a oferta de colaboración que Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería, ofreceu para a difusión da iniciativa entre os seus asociados.

Presentación.-
A campaña foi presentada esta mañá en roda de prensa polas entidades organizadoras e  os colaboradores:

Raquel Arias, Delegada Territorial da Xunta en Lugo
Blanca García Montenegro, Presidenta de El Progreso
José Manuel López, Director Comercial Caixa Rural Galega
Cheché Real, Presidente Asociación Hostelería de Lugo
Ángeles Fernández, Presidenta Asociación Capaces Lugo

Luis Latorre Real, Presidente Asociación Lugo Monumental




Comentarios

Entradas populares de este blog

Formación con Marlene Horna 18 de outubro 2025

  O próximo 18 de outubro teremos unha nova formación con  Marlene   Horna  como relatora, tratará sobre: SOLUCIÓNS PRÁCTICAS FRONTE A SITUACIÓNS COTIÁS EN AUTISMO  Como promover o entendemento mutuo, a colaboración e o benestar emocional. CONTIDOS :      1. Os rumbos da mirada predominantemente neurotípica.      2. Mellorando a comunicación e a linguaxe entre autistas e alistas.      3. Apoios visuais: os 1001 tipos e funcións diferentes.      4. Facilitadores da comprensión mutua e a colaboración en clase e en casa.      5. Vivir con disfunción executiva.      6. Intereses e entusiasmos: cando promover ou cando regular.      7. Promover a flexibilidade cognitiva e a tolerancia á frustración.      8. Socializar e ter amigos: un enfoque diferente.      9. Preparándonos para a vida futura.   Para poder anotarse tedes que cubr...

VOLCATEA. BUSCAMOS VOLUNTARIADO. CHAMÁMOSVOS A ACCIÓN!

  Pictograma de Arasaac. VOLCATEA é un programa de voluntariado que busca a inclusión das persoas con TEA nas actividades da vida diaria, deportivas e extraescolares durante os meses de outubro a xuño. Para máis información podes chamarnos ao 619170890 ou escribirnos un email a capaceslugo@gmail.com  . Se queres anotarte só tes que cubrir o formulario que temos na pestana "colabora" na nosa web capaceslugo.com. Accede premendo aquí .

Ferramentas para a accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo

  A sinalización accesible, o uso de pictogramas, o control dos estímulos sensoriais ou a anticipación da información son só algúns dos recursos que favorecen a accesibilidade cognitiva das persoas con autismo. Esta guía, publicada no marco do proxecto Rumbo, recolle ferramentas, normativas e casos de boas prácticas para que a información, as comunicacións e a contorna física sexan accesibles para todas as persoas. As características e necesidades maioritarias que presentan as persoas autistas no seu día a día introducen matices importantes a ter en conta cando falamos da accesibilidade cognitiva dun elemento, contorna ou servizo. A normativa vixente non resulta suficiente para garantir a inclusión das persoas no espectro, por iso desde o proxecto Rumbo desenvolveuse esta guía ‘Accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo’ na que se ofrece o coñecemento, as ferramentas e unha serie de boas prácticas para facer amigables e comprensibles as contornas e a comunicación. Aínda q...