O vindeiro 14 de novembro, como xa vos contamos fai pouco, estará con nós Mariano Grueiro facendo unha ponencia: HIPERSINTIENDO, EL AUTISMO EN PRIMERA PERSONA.
A primeira parte será unha charla de Mariano Grueiro cunha duración aproximada de unha hora, e a continuación poderámse facer preguntas. Para facilitarlle as cousas a Mariano queremos pedirvos que mandedes as preguntas ó noso correo capaceslugo@gmail.com.
A entrada será libre e gratuita ata completar o aforo, o lugar será o salon de Actos da USC, A casa do saber, na Domus de Mitreo, para poder asistir tedes que cubrir o seguinte formulario.
Queremos agradecer á USC a cesión do salón de Actos que facilita o feito de chegar a todos vos.
LUGAR
Salón de Actos da Casa do Saber (Domus Mitreo)
Praza Pio XII
27001 Lugo
HORARIO
Comentarios
Publicar un comentario