Ir al contenido principal

CURSO DE ARASAAC



Dende a Asociación CAPACES LUGO temos o grandísimo pracer de organizar un Curso sobre o Portal Arasaac. Contaremos ca presencia de Jose Manuel Marcos Rodriguez e de David Romero Corral.

Teremolos con nós o vindeiro SÁBADO 29 DE OUTUBRO, 8 HORAS DE FORMACIÓN na que daremos certificados de asistencia.





 



















“ARASAAC: PORTAL ARAGONÉS DA COMUNICACIÓN AUMENTATIVA E ALTERNATIVA. SOFTWARE, FERRAMENTAS E MATERIAIS PARA A COMUNICACIÓN”

 
Obxectivos xerais do curso:

  • Adquisición de nocións básicas sobre Comunicación Aumentativa e Alternativa (CAA), incluindo exemplos de uso.


  • Coñecemento do proxecto ARASAAC: orixe, desenrolo e evolución.


  • Manexo práctico dos diferentes apartados do portal ARASAAC.


  • Aprendizaxe de búsquedas optimizadas de recursos gráficos e materiais dentro do portal.


  • Manexo práctico das diferentes ferramentas online e utilidade para elaborar materiais relacionados coa comunicación, adaptación do currículo, habilidades básicas, etc.


  • Coñecemento e  manexo de software de libre distribución para PC relacionado coa CAA, logopedia e elaboración de materiais.


  • Coñecemento  e manexo de software de libre distribución para dispositivos móviles e diferentes aplicacións gratuitas que incorporar pictogramas de ARASAAC.


  • Elaboración de materiais referidos a distintos ámbitos da comunicación e da aprendizaxe.
CONTIDOS DO CURSO:

1. Comunicación Aumentativa e Alternativa (CAA): definición, sistemas, características e exemplos de uso.

2.  Portal Aragonés da Comunicación Aumentativa e Alternativa ARASAAC.

3.  Coñecemento e acceso práctico a tódolos recursos do portal ARASAAC (búsquedas, catálogos, descargas e materiais).

4. Obradoiro de elaboración e adaptación de materiais para a CAA coas  ferramentas online do Portal ARASAAC (creador de símbolos, animacións, horarios, calendarios, bingos, ocas e dominós).

5. Obradoiro práctico para a elaboración e adaptación de materiais de Comunicación Aumentativa e Alternativa para PC e para dispositivos móviles, con ferramentas de software libre que utilizan os pictogramas de ARASAAC.
5.1 Procesador de textos con pictogramas: AraWord (PC).
5.2 Xenerador de Tableiros Interactivos de Comunicación: Proxecto TICO (PC).
5.3 Ferramenta de deseño e impresión de tableiros: Picto Selector (PC).
5.4 Comunicador multiplataforma AraBoard (PC y Android).      
5.5 Comunicadores: Pictodroid Lite, Comunicador CPA e LetmeTalk (Android).
5.6 Axendas visuais con pictogramas: PictogramAgenda (Android).
     5.7 Páxinas web con actividades de CAA: Pictoaplicaciones.

6. Coñecemento de desenrrolos de futuros proxectos de CAA: Soy Visual...

7. Preguntas e suxestións.


 PRAZAS LIMITADAS!!!

Para anotarvos só tedes que cubrir o seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN. O prazo comeza hoxe dia 7 de xuño e remata o 4 de xullo.

O Horario será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

O Lugar será o Salón de actos do Colexio Maria Auxiliadora de Lugo

localizador Colexio Maria Auxiliadora

PRECIO
60 EUROS
TRABALLADORES E MEMBROS DE ASOCIACIÓNS FEDERADAS A AUTISMO GALICIA: 15 EUROS 
SOCIOS DE CAPACES LUGO GRATIS







Comentarios

Entradas populares de este blog

FOTOGRAFÍAS DA ACTIVIDADE DE MEDIOAMBENTE

 Xa rematamos as actividades previstas gracias a subvención concedida pola Deputación de Lugo na área de Medioambente.  Aqui temos algunhas fotos do ben que o pasaron.

VOLCATEA. BUSCAMOS VOLUNTARIADO. CHAMÁMOSVOS A ACCIÓN!

  Pictograma de Arasaac. VOLCATEA é un programa de voluntariado que busca a inclusión das persoas con TEA nas actividades da vida diaria, deportivas e extraescolares durante os meses de outubro a xuño. Para máis información podes chamarnos ao 619170890 ou escribirnos un email a capaceslugo@gmail.com  . Se queres anotarte só tes que cubrir o formulario que temos na pestana "colabora" na nosa web capaceslugo.com. Accede premendo aquí .

Programa "Coidar ao que coida"

  Seguimos co programa "Coidar ao que coida", un programa de atención sociofamiliar da Federación Autismo Galicia , subvencionado pola Consellería de Política Social e Xunventude da Xunta de Galicia e desenvolto pola Asociación Capaces Lugo , onde as familias, guiadas por Carmen Moreno, terapeuta con máis de 10 anos de experiencia do Centro Psicopedagógico CREA , poden compartir as súas emocións e dúbidas. Aberto para todxs, gratuito para socios e cunha aportación por non socios. Todolos meses, agás xullo e agosto, temos reunión coas familias o último sábado no local social cedido polo Concello de Lugo na Rúa Monte Faro nº 2 baixo, ainda que este mes de marzo por coincidir Semana Santa fixemolo o 16 e por fin fixemos fotos!!.