FALAMOS COS PONENTES DO CURSO E DEBIDO O GRANDE INTERÉS MOSTRADO EN ANOTARSE AUMENTAMOS AS PRAZAS E O TEMPO PARA INSCRIBIRSE.
TEDES AQUI TODA A INFORMACIÓN
“ARASAAC: PORTAL ARAGONÉS DA COMUNICACIÓN AUMENTATIVA E ALTERNATIVA. SOFTWARE, FERRAMENTAS E MATERIAIS PARA A COMUNICACIÓN”
TEDES AQUI TODA A INFORMACIÓN
Dende
a Asociación CAPACES LUGO temos o grandísimo pracer de organizar un
Curso sobre o Portal Arasaac. Contaremos ca presencia de Jose Manuel
Marcos Rodriguez e de David Romero Corral.
Teremolos con nós o vindeiro SÁBADO 29 DE OUTUBRO, 8 HORAS DE FORMACIÓN na que daremos certificados de asistencia.
“ARASAAC: PORTAL ARAGONÉS DA COMUNICACIÓN AUMENTATIVA E ALTERNATIVA. SOFTWARE, FERRAMENTAS E MATERIAIS PARA A COMUNICACIÓN”
Obxectivos xerais do curso:
- Adquisición de nocións básicas sobre Comunicación Aumentativa e Alternativa (CAA), incluindo exemplos de uso.
- Coñecemento do proxecto ARASAAC: orixe, desenrolo e evolución.
- Manexo práctico dos diferentes apartados do portal ARASAAC.
- Aprendizaxe de búsquedas optimizadas de recursos gráficos e materiais dentro do portal.
- Manexo práctico das diferentes ferramentas online e utilidade para elaborar materiais relacionados coa comunicación, adaptación do currículo, habilidades básicas, etc.
- Coñecemento e manexo de software de libre distribución para PC relacionado coa CAA, logopedia e elaboración de materiais.
- Coñecemento e manexo de software de libre distribución para dispositivos móviles e diferentes aplicacións gratuitas que incorporar pictogramas de ARASAAC.
- Elaboración de materiais referidos a distintos ámbitos da comunicación e da aprendizaxe.
CONTIDOS DO CURSO:
1. Comunicación Aumentativa e Alternativa (CAA): definición, sistemas, características e exemplos de uso.
2. Portal Aragonés da Comunicación Aumentativa e Alternativa ARASAAC.
3. Coñecemento e acceso práctico a tódolos recursos do portal ARASAAC (búsquedas, catálogos, descargas e materiais).
4.
Obradoiro de elaboración e adaptación de materiais para a CAA coas
ferramentas online do Portal ARASAAC (creador de símbolos, animacións,
horarios, calendarios, bingos, ocas e dominós).
5.
Obradoiro práctico para a elaboración e adaptación de materiais de
Comunicación Aumentativa e Alternativa para PC e para dispositivos
móviles, con ferramentas de software libre que utilizan os pictogramas
de ARASAAC.
5.1 Procesador de textos con pictogramas: AraWord (PC).
5.2 Xenerador de Tableiros Interactivos de Comunicación: Proxecto TICO (PC).
5.3 Ferramenta de deseño e impresión de tableiros: Picto Selector (PC).
5.4 Comunicador multiplataforma AraBoard (PC y Android).
5.5 Comunicadores: Pictodroid Lite, Comunicador CPA e LetmeTalk (Android).
5.6 Axendas visuais con pictogramas: PictogramAgenda (Android).
5.7 Páxinas web con actividades de CAA: Pictoaplicaciones.
6. Coñecemento de desenrrolos de futuros proxectos de CAA: Soy Visual...
7. Preguntas e suxestións.
PRAZAS LIMITADAS!!!
Para anotarvos só tedes que cubrir o seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN. O prazo comeza hoxe dia 19 e remata o 3 de outubro.
O Horario será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
O Lugar será o Salón de actos do Colexio Maria Auxiliadora de Lugo
localizador Colexio Maria Auxiliadora
localizador Colexio Maria Auxiliadora
PRECIO
60 EUROS
TRABALLADORES E MEMBROS DE ASOCIACIÓNS FEDERADAS A AUTISMO GALICIA: 15 EUROS
SOCIOS DE CAPACES LUGO GRATIS
Comentarios
Publicar un comentario