Ir al contenido principal

OCIO PARA TODOS

Dende a Asociación consideramos moi importante poder ofrecer actividades e ocio para todos, contaremos con Brais, pedagogo con experiencia para facer un sábado pola tarde ó mes saidas e actividades con rapaces e rapazas de calqueira edade, anticiparemos o día de cada mes para organizarnos ben, poden apuntarse calqueira, sexa socio ou non, para socios será gratuito e para non socios 10 euros por actividade. Este mes faremos a actividade o vindeiro sábado 22 no centro social de Fingoi, faremos dous turnos, a primeira hora cos máis pequenos, e a última os máis maiores, nesta ocasión decoraremos bolsas con pinturas e debuxos e as venderemos na vindeira Feira de Diversiarte.

Para máis información podedes chamar ó 982044381 ou ó 619170890 e para anotarse cubride o seguinte FORMULARIO

Animadevos a participar!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

FOTOGRAFÍAS DA ACTIVIDADE DE MEDIOAMBENTE

 Xa rematamos as actividades previstas gracias a subvención concedida pola Deputación de Lugo na área de Medioambente.  Aqui temos algunhas fotos do ben que o pasaron.

VOLCATEA. BUSCAMOS VOLUNTARIADO. CHAMÁMOSVOS A ACCIÓN!

  Pictograma de Arasaac. VOLCATEA é un programa de voluntariado que busca a inclusión das persoas con TEA nas actividades da vida diaria, deportivas e extraescolares durante os meses de outubro a xuño. Para máis información podes chamarnos ao 619170890 ou escribirnos un email a capaceslugo@gmail.com  . Se queres anotarte só tes que cubrir o formulario que temos na pestana "colabora" na nosa web capaceslugo.com. Accede premendo aquí .

Programa "Coidar ao que coida"

  Seguimos co programa "Coidar ao que coida", un programa de atención sociofamiliar da Federación Autismo Galicia , subvencionado pola Consellería de Política Social e Xunventude da Xunta de Galicia e desenvolto pola Asociación Capaces Lugo , onde as familias, guiadas por Carmen Moreno, terapeuta con máis de 10 anos de experiencia do Centro Psicopedagógico CREA , poden compartir as súas emocións e dúbidas. Aberto para todxs, gratuito para socios e cunha aportación por non socios. Todolos meses, agás xullo e agosto, temos reunión coas familias o último sábado no local social cedido polo Concello de Lugo na Rúa Monte Faro nº 2 baixo, ainda que este mes de marzo por coincidir Semana Santa fixemolo o 16 e por fin fixemos fotos!!.