Ir al contenido principal

II XORNADAS FORMATIVAS SOBRE AUTISMO E FAMILIA






AMPLIAMOS PRAZO PARA ANOTARSE ATA O 8 DE FEBREIRO

No mes de Febreiro temos o gusto de poder contar con Anabel Cornago,  Rafa Suñer e con Francisco Prieto, para poder organizar unhas xornadas formativas, as segundas, sobre autismo e familia, prometen ser moi interesantes, serán durante a fin de semana do 18-19 de febreiro.


Anabel Cornago falará o sabado sobre a linguaxe e a súa estimulación  e o domingo sobre a teoria da mente nas persoas con autismo

Rafa Suñer pai e presidente de Conexión Autismo contará a súa experiencia e o seu traballo dun xeito ameno e sempre positivo.

Fran Prieto, monitor TAFAD de persoas con autismo falará do seu traballo con rapaces con TEA e de como o deporte é moi importante e se pode adaptar para calqueira.

LUGAR
 Salón Almirante do Hotel Méndez Núñez

HORARIO
Sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30
Domingo de 10:00 a 14:00

PREZO
SOCIOS DE CAPACES: 10 €
NON SOCIOS: 80 €
PERSOAS EN PARO: 40 €
ASOCIACIÓNS FEDERADAS EN AUTISMO GALICIA: 20 € (TRABALLADORES E FAMILIAS) 

 O final das xornadas daremos diplomas acreditativos de asistencia.

O prazo para inscribirse comeza hoxe 20 de decembro e remata o 8 de febreiro de 2017 

Para poder inscribirte cubre o seguinte FORMULARIO 


PRAZAS LIMITADAS 




Comentarios

Entradas populares de este blog

Formación con Marlene Horna 18 de outubro 2025

  O próximo 18 de outubro teremos unha nova formación con  Marlene   Horna  como relatora, tratará sobre: SOLUCIÓNS PRÁCTICAS FRONTE A SITUACIÓNS COTIÁS EN AUTISMO  Como promover o entendemento mutuo, a colaboración e o benestar emocional. CONTIDOS :      1. Os rumbos da mirada predominantemente neurotípica.      2. Mellorando a comunicación e a linguaxe entre autistas e alistas.      3. Apoios visuais: os 1001 tipos e funcións diferentes.      4. Facilitadores da comprensión mutua e a colaboración en clase e en casa.      5. Vivir con disfunción executiva.      6. Intereses e entusiasmos: cando promover ou cando regular.      7. Promover a flexibilidade cognitiva e a tolerancia á frustración.      8. Socializar e ter amigos: un enfoque diferente.      9. Preparándonos para a vida futura.   Para poder anotarse tedes que cubr...

VOLCATEA. BUSCAMOS VOLUNTARIADO. CHAMÁMOSVOS A ACCIÓN!

  Pictograma de Arasaac. VOLCATEA é un programa de voluntariado que busca a inclusión das persoas con TEA nas actividades da vida diaria, deportivas e extraescolares durante os meses de outubro a xuño. Para máis información podes chamarnos ao 619170890 ou escribirnos un email a capaceslugo@gmail.com  . Se queres anotarte só tes que cubrir o formulario que temos na pestana "colabora" na nosa web capaceslugo.com. Accede premendo aquí .

Ferramentas para a accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo

  A sinalización accesible, o uso de pictogramas, o control dos estímulos sensoriais ou a anticipación da información son só algúns dos recursos que favorecen a accesibilidade cognitiva das persoas con autismo. Esta guía, publicada no marco do proxecto Rumbo, recolle ferramentas, normativas e casos de boas prácticas para que a información, as comunicacións e a contorna física sexan accesibles para todas as persoas. As características e necesidades maioritarias que presentan as persoas autistas no seu día a día introducen matices importantes a ter en conta cando falamos da accesibilidade cognitiva dun elemento, contorna ou servizo. A normativa vixente non resulta suficiente para garantir a inclusión das persoas no espectro, por iso desde o proxecto Rumbo desenvolveuse esta guía ‘Accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo’ na que se ofrece o coñecemento, as ferramentas e unha serie de boas prácticas para facer amigables e comprensibles as contornas e a comunicación. Aínda q...