Ir al contenido principal

XORNADAS SOBRE AUTISMO:COMPRENSIÓN E INTERVENCIÓN NAS HABILIDADES SOCIAIS.

O noso afán en ofrecer formación para profesionais e para pais, que ademáis de ser de calidade, tamén fora homologada, fixo que nos puxeramos en contacto co Sindicato STEG, sindicato de traballadores do ensino de Galicia, e colaborar xuntos para poder ofrecer formación de calidade e con homologación. Queremos dar as gracias ó Sindicato pola boa disposición e por poñer todo da súa parte para facer realidade este desexo.



Xornadas sobre autismo: comprensión e intervención nas habilidades sociais

Matriculación:   Folla de inscrición

Título da actividade
“Xornadas sobre autismo I: comprensión e intervención nas habilidades sociais”
Áreas
Integración didáctica das TICS. Recursos didácticos. Dinamización lingüística. Bibliotecas. Competencia en lectura e escritura. Competencia lingüística. Fomento da lectura. Temas Transversais. Competencias sociais e cívicas. Coeducación. Titoría. Mellora da Convivencia. Atención educativa á diversidade. Educación Medioambiental, Coñecemento do medio, Educación en valores.


Destinatarios
Internivel. Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.
Modalidade
Xornadas (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013).
Número de prazas
Mínimo de 15 e máximo de 60.
Observacións ás prazas
En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.
Custo da matrícula
Persoas afiliadas/socias/os da Asociación Capaces (Autismo)/ persoas en situación de desemprego: 15 euros
Persoas non afiliadas: 35 euros
Criterios de selección
As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.
Horas
8 horas, todas elas presenciais.


ESTRUTURA DAS XORNADAS:
Combinarán relatorios con obradoiros de aplicación práctica, coas súas correspondentes reflexións, debates e actividades, en atención ao seguinte horario:



Sábado 21 de outubro

10:00-14:00 BLOQUE I

1.    IDEAS PREVIAS
-    De que depende a miña felicidade?
-    Non todo é autismo.
-    Por que ensinar habilidades sociais?

2. A NECESIDADE DE APRENDER EN CONTORNAS NATURAIS
-    Este mundo é moi difícil!.
-    Necesito estar no mundo para aprender a manexarme no mundo: a importancia da aprendizaxe en contornas naturais.
-    A cegueira ao contexto.
-    Axúdame a comprender, non só me informes.
-    Aprendendo a partir de contextos concretos.

(11:30- 12:00 PAUSA)

3. O FUNDAMENTAL APOIO DA FAMILIA E A CONTORNA SOCIAL
-    Empezar coñecéndose a un mesmo.
-    A comunicación do diagnóstico.
-    Valoración da necesidade de apoio en contornas e situacións naturais. 
-    Crear oportunidades para a avaliación e a aprendizaxe.
-    Axudando a crear redes de amizade e apoio.
-    Prevención do acoso escolar ou bullying
-    Como corrixir os erros.


16:00- 20:00 BLOQUE II

4. ¿A CULTURA SOCIAL?
- Coñecemento de costumes e convencións sociais.
- Que observar e en que fixarse?
- A necesidade de estar ao día?
- Ampliando intereses.
- O humor.
- Libros, películas, series, anuncios de publicidade, vídeos musicais.

5. FACENDO EXPLÍCITO O INVISIBLE: 
-    Emocións: axudar a comprender o mundo das emocións nun mesmo e nos demais.
-    Pensamentos: Comprender e explicar o mundo dos pensamentos.

(17:30-18:00 PAUSA)
    
6. A ARTE DE CONVERSAR
-    A conversación.
-    Outras habilidades comunicativas: argumentar, convencer, etc.
-    A comunicación non verbal: contacto ocular, tons de voz, xestos, contacto físico, etc.
-    As novas tecnoloxías.

Obxectivos
* •    Aceptar e valorar as diferenzas do alumnado como un feito de enriquecemento da comunidade educativa.
* •    Asegurar que todo o alumnado, sen distinción, acade o grao máximo das súas capacidades, do seu desenvolvemento persoal, social e emocional, así como das competencias básicas e dos obxectivos educativos establecidos en xeral para a etapa da ESO.
* •    Deseñar, planificar e desenvolver medidas eficaces de tipo organizativo e curricular, que dean resposta ás características e necesidades do alumnado.
* •    Potenciar a coordinación das liñas de actuación do profesorado que interveña no proceso educativo de cada alumno/a.
* •     Fomentar a titoría e a orientación como instrumentos para a prevención, detección e atención do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
* •    Promover a creación e difusión entre o profesorado de materiais, bibliografía ou estratexias educativas.
* •    Establecer os mecanismos oportunos para garantir unha adecuada coordinación entre os diferentes profesionais implicados na atención á diversidade: titores/as, profesorado, familias e servizos externos ao centro.
* •    Valorar a importancia da convivencia e crear un ambiente de traballo no que o apoio mutuo axude a mellorar o desenvolvemento persoal, social e cognitivo do alumnado.
* •    Crear un clima de cooperación entre o centro e as familias, para favorecer o desenvolvemento do alumnado.
* •    Asesorar as familias sobre pautas educativas e recursos sociais, sanitarios, etc

Contidos
* •    Aprendizaxe en entornos naturais
* •    Sensibilización sobre o contexto
* •    Aprendizaxe en contextos concretos
* •    Apoio da familia e do entorno social
* •    Autocoñecemento
* •    A comunicación do diagnóstico.
* •    Valoración da necesidade de apoio en entornos e situacións naturais
* •    Oportunidades para a avaliación e a aprendizaxe
* •    Creación de redes de amizade e apoio
* •    Correción de erros
* •    Coñecemento de costumes e convencións sociais.
* •    A necesidade da formación permanente
* •    Recursos didácticos: bibliografía e material audiovisual
* •    Eido emocional: comprensión e coñecemento
* •    Comprensión e explicación do mundo dos pensamentos
* •    A conversa: elección do momento, lugar, persoas e protocolo para iniciar unha conversa
* •    O saúdo
* •    Elección, mantemento e cambio de tema, finalización
*     Habilidades comunicativas: argumentar, convencer, etc.
*     A comunicación non verbal: contacto ocular, tons de voz, acenos, contacto físico, etc.


Nome da persoa coordinadora

Dna. Pilar García López

Datos da persoa relatora

Marlene Horna Castiñeiras

Psicologa colexiada, especialidade Clínica e Social. Máster en Atención Temperá. Diploma de Estudos Avanzados. Dende hai máis de quince anos traballa apoiando a nenos e adolescentes con TEA e as súas familias. Traballou na Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela, como orientadora dun C.E.E.P.R. da asociación ASPANAES e, na actualidade, traballa de maneira particular e dentro da a Unidade de Apoio Ambulatorio (UAM) da asociación BATA. Desenvolve a súa actividade apoiando a persoas con TEA nas súas contornas naturais (fogar, escola, comunidade). Posúe unha ampla experiencia como docente adquirida en numerosos cursos promovidos por diversas institucións, asociacións e universidades.

Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de A Banca: ES73 2080 5500 4030 4011 2010, consignando como concepto: “Matrícula Xornadas autismo I”. O prazo de inscrición péchase 48 horas antes do comezo da actividade. 
máis información no 982240066 e 647815332 e en lugo@steg.gal, e no 982044381 e 619170890 e en capaceslugo@gmail.com

Comentarios

Entradas populares de este blog

FOTOGRAFÍAS DA ACTIVIDADE DE MEDIOAMBENTE

 Xa rematamos as actividades previstas gracias a subvención concedida pola Deputación de Lugo na área de Medioambente.  Aqui temos algunhas fotos do ben que o pasaron.

VOLCATEA. BUSCAMOS VOLUNTARIADO. CHAMÁMOSVOS A ACCIÓN!

  Pictograma de Arasaac. VOLCATEA é un programa de voluntariado que busca a inclusión das persoas con TEA nas actividades da vida diaria, deportivas e extraescolares durante os meses de outubro a xuño. Para máis información podes chamarnos ao 619170890 ou escribirnos un email a capaceslugo@gmail.com  . Se queres anotarte só tes que cubrir o formulario que temos na pestana "colabora" na nosa web capaceslugo.com. Accede premendo aquí .

Programa "Coidar ao que coida"

  Seguimos co programa "Coidar ao que coida", un programa de atención sociofamiliar da Federación Autismo Galicia , subvencionado pola Consellería de Política Social e Xunventude da Xunta de Galicia e desenvolto pola Asociación Capaces Lugo , onde as familias, guiadas por Carmen Moreno, terapeuta con máis de 10 anos de experiencia do Centro Psicopedagógico CREA , poden compartir as súas emocións e dúbidas. Aberto para todxs, gratuito para socios e cunha aportación por non socios. Todolos meses, agás xullo e agosto, temos reunión coas familias o último sábado no local social cedido polo Concello de Lugo na Rúa Monte Faro nº 2 baixo, ainda que este mes de marzo por coincidir Semana Santa fixemolo o 16 e por fin fixemos fotos!!.