Ir al contenido principal

DIFICULTADES DE INTEGRACIÓN SENSORIAL NA AULA E ESTRATEXIAS PARA A MELLORA DA PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO





Xornadas sobre autismo II:

DIFICULTADES DE INTEGRACIÓN SENSORIAL NA AULA E ESTRATEXIAS PARA A MELLORA DA PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO

Matriculación:   Folla de inscrición

Áreas
Integración didáctica das TICS. Recursos didácticos. Dinamización lingüística. Bibliotecas. Competencia en lectura e escritura. Competencia lingüística. Fomento da lectura. Temas Transversais. Competencias sociais e cívicas. Coeducación. Titoría. Mellora da Convivencia. Atención educativa á diversidade. Educación Medioambiental, Coñecemento do medio, Educación en valores.

Destinatarios
Internivel. Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.

Modalidade
Xornadas (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013).

Número de prazas
Mínimo de 15 e máximo de 130.

Observacións ás prazas
En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Criterios de selección
As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Horas
8 horas, todas elas presenciais.

ESTRUTURA DAS XORNADAS:
Combinarán relatorios con obradoiros de aplicación práctica, coas súas correspondentes reflexións, debates e actividades, en atención ao seguinte horario:


Sábado 3 de febreiro de 2018
 


10:00-14:00 BLOQUE I
 

1. CONCEPTOS TEÓRICOS BÁSICOS: ORIXE E TEORÍA DA INTEGRACIÓN SENSORIAL
2. O SISTEMA NERVIOSO, DESENVOLVEMENTO DOS SISTEMAS SENSORIAIS BÁSICOS. 
3. SENSACIÓN VS APRENDIZAXE. PIRÁMIDE DE APRENDIZAXE.
4.SISTEMA TÁCTIL. SISTEMA VESTIBULAR. SISTEMA PROPIOCEPTIVO
5.OUTROS SISTEMAS SENSORIAIS. 
6. NIVEL DE ALERTA VS NIVEL DE ACTIVIDADE
7.DESORDES DE PROCESAMENTO SENSORIAL

16:00- 20:00 BLOQUE II

1. PRINCIPAIS DIAGNÓSTICOS ASOCIADOS AO DESORDEN DE INTEGRACIÓN SENSORIAL. PREVALENCIA EN TEA. 
2. PERFIL SENSORIAL DAS PERSOAS CON TEA E O SEU IMPACTO NA PARTICIPACIÓN OCUPACIONAL
A. XOGO
B. ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA: ALIMENTACIÓN
C. EDUCACIÓN
2. IMPORTANCIA DUNHA ABORDAXE PRECOZ NA IDADE INFANTIL DAS PERSOAS CON TEA BASADA NO ENFOQUE DA INTEGRACIÓN SENSORIAL
3.ESTRATEXIAS PARA FAVORECER A INTEGRACIÓN SENSORIAL DOS NENOS CON TEA
A. AULA SENSORIAL
B. APRENDENDO COS SENTIDOS
C. XOGO
D. ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA

OBXECTIVOS: Identificar o papel das sensacións no proceso de aprendizaxe. 
Afondar nos conceptos básicos neurofisiolóxicos e neuroanatómicos dos sentidos. 
Recoñecer e considerar a importancia das individualidades sensoriais de cada alumno. 
Comprender e adaptar o desafío xusto para cada alumno en función do grado de TEA.
Aprender estratexias que faciliten a participación e integración do alumnado con TEA na aula de acordo ao seu perfil sensorial característico. 

Comprender a importancia da motivación intrínseca como factor clave para a participación activa e o proceso educativo persoal. 
Identificar comportamentos e dificultades dos nenos con TEA na aula, debidos a un desorde de procesamento sensorial dende a idade infantil. 
Aplicar estratexias xerais que favorecen o proceso de integración sensorial e por tanto o aprendizaxe. 
Ofrecer alternativas de comunicación e anticipación non verbais para os nenos con TEA, que contribúan a organizar as sensacións. 
Recoñecer os desordes de integración sensorial como unha dificultade de aprendizaxe e integrala no coñecemento da rutina diaria da aula. 
Promover entre o profesorado o coñecemento básico sobre as dificultades de integración sensorial que favoreza a comunicación coas familias. 
Valorar a comunicación entre o profesorado e os diferentes profesionais especialistas en diferentes áreas do desenvolvemento e o aprendizaxe. 


CONTIDOS:


Teoría da integración sensorial de Jean Ayres.
NEurofisioloxía e neuroanatomía dos sistemas sensoriais básicos. 
Neurociencia e aprendizaxe.
Organización do aprendizaxe.
Nivel de alerta e a súa interferencia na participación dentro da aula.
TEA e Integración Sensorial.
Métodos alternativos de comunicación. 

Aula sensorial
Adaptación da Actividade
Traballo interdisciplinar

Nome da persoa coordinadora
  
Carmen Fernández Anllo


RELATORAS

María Pilar Taboada Pernas e Ana Somoza Argibay. TERAPEUTAS OCUPACIONAIS especializadas en Integración Sensorial pola usc ( University of Southern California) e contan co recoñecemento WPS ( Western Psychological Services)

PREZOS

35 euros para persoas non afiliadas ou non socias de Capaces Lugo
15 euros para afiliación de STEG/socias de Capaces Lugo ou en situación de desemprego.



Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de A Banca: ES73 2080 5500 4030 4011 2010, consignando como concepto: “Matrícula Xornadas autismo II”. O prazo de inscrición péchase 1 semana antes do comezo da actividade.
máis información no 982240066 e 647815332 e en lugo@steg.gal

Comentarios

Entradas populares de este blog

Formación con Marlene Horna 18 de outubro 2025

  O próximo 18 de outubro teremos unha nova formación con  Marlene   Horna  como relatora, tratará sobre: SOLUCIÓNS PRÁCTICAS FRONTE A SITUACIÓNS COTIÁS EN AUTISMO  Como promover o entendemento mutuo, a colaboración e o benestar emocional. CONTIDOS :      1. Os rumbos da mirada predominantemente neurotípica.      2. Mellorando a comunicación e a linguaxe entre autistas e alistas.      3. Apoios visuais: os 1001 tipos e funcións diferentes.      4. Facilitadores da comprensión mutua e a colaboración en clase e en casa.      5. Vivir con disfunción executiva.      6. Intereses e entusiasmos: cando promover ou cando regular.      7. Promover a flexibilidade cognitiva e a tolerancia á frustración.      8. Socializar e ter amigos: un enfoque diferente.      9. Preparándonos para a vida futura.   Para poder anotarse tedes que cubr...

VOLCATEA. BUSCAMOS VOLUNTARIADO. CHAMÁMOSVOS A ACCIÓN!

  Pictograma de Arasaac. VOLCATEA é un programa de voluntariado que busca a inclusión das persoas con TEA nas actividades da vida diaria, deportivas e extraescolares durante os meses de outubro a xuño. Para máis información podes chamarnos ao 619170890 ou escribirnos un email a capaceslugo@gmail.com  . Se queres anotarte só tes que cubrir o formulario que temos na pestana "colabora" na nosa web capaceslugo.com. Accede premendo aquí .

Ferramentas para a accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo

  A sinalización accesible, o uso de pictogramas, o control dos estímulos sensoriais ou a anticipación da información son só algúns dos recursos que favorecen a accesibilidade cognitiva das persoas con autismo. Esta guía, publicada no marco do proxecto Rumbo, recolle ferramentas, normativas e casos de boas prácticas para que a información, as comunicacións e a contorna física sexan accesibles para todas as persoas. As características e necesidades maioritarias que presentan as persoas autistas no seu día a día introducen matices importantes a ter en conta cando falamos da accesibilidade cognitiva dun elemento, contorna ou servizo. A normativa vixente non resulta suficiente para garantir a inclusión das persoas no espectro, por iso desde o proxecto Rumbo desenvolveuse esta guía ‘Accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo’ na que se ofrece o coñecemento, as ferramentas e unha serie de boas prácticas para facer amigables e comprensibles as contornas e a comunicación. Aínda q...