Ir al contenido principal

XORNADA FORMATIVA: COMPETENCIA SOCIAL E BENESTAR EMOCIONAL NO AUTISMO

 

O vindeiro sábado 26 de novembro temos a xornada formativa "COMPETENCIA SOCIAL E BENESTAR EMOCIONAL NO AUTISMO", será impartida pola relatora Marlene Horna, Psicóloga colexiada, especialidade clínica e social. Máster en Atención temperá. Diploma de estudos avanzados. Dende hai máis de 15 anos traballa apoiando a nenas/os e adolescentes con TEA e as súas familias. Traballou na Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela, como orientadora dun C.E.E.P.R da asociación ASPANAES e, na actualidade traballa de maneira particular e dentro da Unidade de Apoio Ambulatorio (UAM) da asociación BATA. Desenvolve a súa actividade apoiando a persoas con TEA nas súas contornas naturais (fogar, escola, comunidade...). Posúe unha ampla experiencia como docente adquirida en numerosos cursos promovidos por diversas institucións, asociacións e universiades.

Destinatarios: Profesorado en xeral de Educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato. Familias de persoas con TEA, persoas con TEA, e terapeutas que traballen con persoas con TEA.

Lugar

Aula CPR Fingoi

Aviación Española nº 37 27002 Lugo

Cómo llegar: https://goo.gl/maps/GeTDE3ADhVvNszgr6 

Horario

9:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:30

Prezo

-Persoas asociadas da Asociación Capaces Lugo ou de asociacións federadas á Federación Autismo Galicia e persoas en situación de desemprego: 15 euros.

-Persoas non asociadas: 35 euros.


Criterios de selección


As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as asociadas sobre as que non son asociadas.

Contidos

1. O problema de “a doble empatía”: ¿quen non comprende a quen?
2. Retos sociais no autismo.
3. O Masking ou enmascaramiento.
4. Cando as emocións asustan.
5. Pasos para enseñar a identificar, etiquetar e controlar emocións.
6. Rutinas tranquilizadoras.
7. Promovendo as relacións con iguais.
8. Estratexias para a comprensión e aprendizaxe social.
9. A comunicación verbal e non verbal.
10. Outros aspectos importantes: apariencia persoal, sexualidade…
11. Programa HAPPY.


Para matricularse na formación deberá de cubrir o seguinte FORMULARIO  e facer o correspondente ingreso no número de conta de Caixa Rural Galega : ES71 3070 0031 4461 6571 5621, consignando como concepto: “Formación” e o nome da persoa que asistirá á Xornada. 

O prazo de inscrición péchase o vindeiro 24 de novembro de 2022.


Máis información no 619170890 e en capaceslugo@gmail.com 










Comentarios

Entradas populares de este blog

Formación con Marlene Horna 18 de outubro 2025

  O próximo 18 de outubro teremos unha nova formación con  Marlene   Horna  como relatora, tratará sobre: SOLUCIÓNS PRÁCTICAS FRONTE A SITUACIÓNS COTIÁS EN AUTISMO  Como promover o entendemento mutuo, a colaboración e o benestar emocional. CONTIDOS :      1. Os rumbos da mirada predominantemente neurotípica.      2. Mellorando a comunicación e a linguaxe entre autistas e alistas.      3. Apoios visuais: os 1001 tipos e funcións diferentes.      4. Facilitadores da comprensión mutua e a colaboración en clase e en casa.      5. Vivir con disfunción executiva.      6. Intereses e entusiasmos: cando promover ou cando regular.      7. Promover a flexibilidade cognitiva e a tolerancia á frustración.      8. Socializar e ter amigos: un enfoque diferente.      9. Preparándonos para a vida futura.   Para poder anotarse tedes que cubr...

VOLCATEA. BUSCAMOS VOLUNTARIADO. CHAMÁMOSVOS A ACCIÓN!

  Pictograma de Arasaac. VOLCATEA é un programa de voluntariado que busca a inclusión das persoas con TEA nas actividades da vida diaria, deportivas e extraescolares durante os meses de outubro a xuño. Para máis información podes chamarnos ao 619170890 ou escribirnos un email a capaceslugo@gmail.com  . Se queres anotarte só tes que cubrir o formulario que temos na pestana "colabora" na nosa web capaceslugo.com. Accede premendo aquí .

Ferramentas para a accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo

  A sinalización accesible, o uso de pictogramas, o control dos estímulos sensoriais ou a anticipación da información son só algúns dos recursos que favorecen a accesibilidade cognitiva das persoas con autismo. Esta guía, publicada no marco do proxecto Rumbo, recolle ferramentas, normativas e casos de boas prácticas para que a información, as comunicacións e a contorna física sexan accesibles para todas as persoas. As características e necesidades maioritarias que presentan as persoas autistas no seu día a día introducen matices importantes a ter en conta cando falamos da accesibilidade cognitiva dun elemento, contorna ou servizo. A normativa vixente non resulta suficiente para garantir a inclusión das persoas no espectro, por iso desde o proxecto Rumbo desenvolveuse esta guía ‘Accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo’ na que se ofrece o coñecemento, as ferramentas e unha serie de boas prácticas para facer amigables e comprensibles as contornas e a comunicación. Aínda q...