Ir al contenido principal

PROGRAMA "COIDAR AO QUE COIDA"

Hoxe é 2 de abril e queremos informaros dun novo programa que imos a poñer en práctica este mes de abril, facémolo en común con Carmen Moreno Merino, psicopedagoga e experta en atención temperá e educación especia, ten formación en evaluación de TEA e máis de 10 anos de experiencia en intervención con nenos con Trastorno do espectro autista, esta vez non se trata de algo para os rapaces e rapazas con TEA, se non algo para nós, as nais e pais que necesitamos ter un rede de apoio moitas veces para poder seguir loitando polos dereitos das nosas fillas e fillos e que agotanos bastante no dia a dia, o programa chámase " Coidar ao que Coida".

Realizaráse un sábado ao mes de 11:30 a 13:30 mentras se fan as actividades de ocio cos rapaces que temos inscritos, e se algunha familia ten necesidade de traer aos seus fillos, poderían quedar cos monitores, sempre avisando con antelación. 

Este grupo de apoio ás familias forma parte do Programa de Atención Sociofamiliar da Federación Autismo Galicia e está subvencionado pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social e Xuventude, así que será gratuito para socios, pero poderán participar non socios pagando unha cuota por sesión.

Para máis información podedes enviarnos un correo a capaceslugo@gmail.com ou chamar ao 619170890.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Formación con Marlene Horna 18 de outubro 2025

  O próximo 18 de outubro teremos unha nova formación con  Marlene   Horna  como relatora, tratará sobre: SOLUCIÓNS PRÁCTICAS FRONTE A SITUACIÓNS COTIÁS EN AUTISMO  Como promover o entendemento mutuo, a colaboración e o benestar emocional. CONTIDOS :      1. Os rumbos da mirada predominantemente neurotípica.      2. Mellorando a comunicación e a linguaxe entre autistas e alistas.      3. Apoios visuais: os 1001 tipos e funcións diferentes.      4. Facilitadores da comprensión mutua e a colaboración en clase e en casa.      5. Vivir con disfunción executiva.      6. Intereses e entusiasmos: cando promover ou cando regular.      7. Promover a flexibilidade cognitiva e a tolerancia á frustración.      8. Socializar e ter amigos: un enfoque diferente.      9. Preparándonos para a vida futura.   Para poder anotarse tedes que cubr...

Ferramentas para a accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo

  A sinalización accesible, o uso de pictogramas, o control dos estímulos sensoriais ou a anticipación da información son só algúns dos recursos que favorecen a accesibilidade cognitiva das persoas con autismo. Esta guía, publicada no marco do proxecto Rumbo, recolle ferramentas, normativas e casos de boas prácticas para que a información, as comunicacións e a contorna física sexan accesibles para todas as persoas. As características e necesidades maioritarias que presentan as persoas autistas no seu día a día introducen matices importantes a ter en conta cando falamos da accesibilidade cognitiva dun elemento, contorna ou servizo. A normativa vixente non resulta suficiente para garantir a inclusión das persoas no espectro, por iso desde o proxecto Rumbo desenvolveuse esta guía ‘Accesibilidade cognitiva desde o espectro do autismo’ na que se ofrece o coñecemento, as ferramentas e unha serie de boas prácticas para facer amigables e comprensibles as contornas e a comunicación. Aínda q...

Programa TEA-Activa

Unha ollada a todo o que logramos co programa "TEA-Activa da  Federación Autismo Galicia "! Grazas ao apoio e financiamento da  Xunta de Galicia  Consellería de Política Social e Igualdade, puidemos levar a cabo unha serie de actividades esenciais para o desenvolvemento e a inclusión social: dende o ocio deportivo (carreira popular), pasando polo cine, ata as habilidades de autonomía no fogar e na comunidade (cociña e compras). Programa Participación Comunitaria TEA-Activa da Federación Autismo  Galicia, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta  de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización  de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á  asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas  e do imposto de sociedades para o ano 2024. e desenvolto pola  Asociación Capaces Lugo . Agradecemos sinceramente este impulso, que se destina á realiza...