Seguimos co programa "Coidar ao que coida", un programa de atención sociofamiliar da Federación Autismo Galicia, subvencionado pola Consellería de Política Social e Xunventude da Xunta de Galicia e desenvolto pola Asociación Capaces Lugo, onde as familias, guiadas por Carmen Moreno, terapeuta con máis de 10 anos de experiencia do Centro Psicopedagógico CREA, poden compartir as súas emocións e dúbidas. Aberto para todxs, gratuito para socios e cunha aportación por non socios.
Todolos meses, agás xullo e agosto, temos reunión coas familias o último sábado no local social cedido polo Concello de Lugo na Rúa Monte Faro nº 2 baixo, ainda que este mes de marzo por coincidir Semana Santa fixemolo o 16 e por fin fixemos fotos!!.
Comentarios
Publicar un comentario