O vindeiro sábado 11 de maio ofreceremos a escola de familias " O patrimonio protexido das persoas con discapacidade". Nela se fará unha analise da figura legal do patrimonio protexido, tanto dende a perspectiva da protección patrimonial da persoa con discapacidade, como dende a perspectiva das ventaxas fiscais para as persoas que fan aportacións a dito patrimonio. A Relatora será Pilar Garcia-Puertas, avogada e presidenta da Asociación Justicia y Diversidad. Esta escola de familias pertence ao programa de Atención Socio Familiar da Federación Autismo Galicia e está subvencionada pola Xunta de Galicia - Consellería de Política Social e Igualdade. Esta escola é de balde e poden asistir familias socias de Capaces e non socias. Podedes conseguir máis información no correo capaceslugo@gmail.com