O vindeiro sábado 25 de maio temos a seguinte reunión mensual de familias dentro do programa Coidar ao que coida, programa de Atención Sociofamiliar da Federación Autismo Galicia, subvencionado pola Xunta de Galicia a través da Conselleria de Política Social e Igualdade. Todos os sábados de final de mes reunimonos con Carmen Moreno do centro CREA que guia estas reunións onde nos apoiamos e aprendemos unhas familias de outras. Non ten custo para as familias asociadas de Capaces Lugo. Pode participar calquera familiar ou persoa con TEA. Máis información no email capaceslugo@gmail.com ou no teléfono 619170890
O próximo 18 de outubro teremos unha nova formación con Marlene Horna como relatora, tratará sobre: SOLUCIÓNS PRÁCTICAS FRONTE A SITUACIÓNS COTIÁS EN AUTISMO Como promover o entendemento mutuo, a colaboración e o benestar emocional. CONTIDOS : 1. Os rumbos da mirada predominantemente neurotípica. 2. Mellorando a comunicación e a linguaxe entre autistas e alistas. 3. Apoios visuais: os 1001 tipos e funcións diferentes. 4. Facilitadores da comprensión mutua e a colaboración en clase e en casa. 5. Vivir con disfunción executiva. 6. Intereses e entusiasmos: cando promover ou cando regular. 7. Promover a flexibilidade cognitiva e a tolerancia á frustración. 8. Socializar e ter amigos: un enfoque diferente. 9. Preparándonos para a vida futura. Para poder anotarse tedes que cubr...

Comentarios
Publicar un comentario