Ir al contenido principal

ESCOLA DE FAMILIAS CAPACES LUGO

 O vindeiro sábado 11 de maio ofreceremos a escola de familias " O patrimonio protexido das persoas con discapacidade".  Nela se fará unha analise da figura legal do patrimonio protexido, tanto dende a perspectiva da protección patrimonial da persoa con discapacidade, como dende a perspectiva das ventaxas fiscais para as persoas que fan aportacións a dito patrimonio. A Relatora será Pilar Garcia-Puertas, avogada e presidenta da Asociación Justicia y Diversidad.


Esta escola de familias pertence ao programa de Atención Socio Familiar da Federación Autismo Galicia e está subvencionada pola Xunta de Galicia - Consellería de Política Social e Igualdade.


Esta escola é de balde e poden asistir familias socias de Capaces e non socias.


Podedes conseguir máis información no correo capaceslugo@gmail.com 



Comentarios

Entradas populares de este blog

FOTOGRAFÍAS DA ACTIVIDADE DE MEDIOAMBENTE

 Xa rematamos as actividades previstas gracias a subvención concedida pola Deputación de Lugo na área de Medioambente.  Aqui temos algunhas fotos do ben que o pasaron.

VOLCATEA. BUSCAMOS VOLUNTARIADO. CHAMÁMOSVOS A ACCIÓN!

  Pictograma de Arasaac. VOLCATEA é un programa de voluntariado que busca a inclusión das persoas con TEA nas actividades da vida diaria, deportivas e extraescolares durante os meses de outubro a xuño. Para máis información podes chamarnos ao 619170890 ou escribirnos un email a capaceslugo@gmail.com  . Se queres anotarte só tes que cubrir o formulario que temos na pestana "colabora" na nosa web capaceslugo.com. Accede premendo aquí .

Programa "Coidar ao que coida"

  Seguimos co programa "Coidar ao que coida", un programa de atención sociofamiliar da Federación Autismo Galicia , subvencionado pola Consellería de Política Social e Xunventude da Xunta de Galicia e desenvolto pola Asociación Capaces Lugo , onde as familias, guiadas por Carmen Moreno, terapeuta con máis de 10 anos de experiencia do Centro Psicopedagógico CREA , poden compartir as súas emocións e dúbidas. Aberto para todxs, gratuito para socios e cunha aportación por non socios. Todolos meses, agás xullo e agosto, temos reunión coas familias o último sábado no local social cedido polo Concello de Lugo na Rúa Monte Faro nº 2 baixo, ainda que este mes de marzo por coincidir Semana Santa fixemolo o 16 e por fin fixemos fotos!!.