Ir al contenido principal

Entradas

GEY LAGAR EN LUGO CON "PATIOS Y PARQUES DINÁMICOS"

O vindeiro 31 de outubro teremos o pracer de ter con nós a Gey Lagar;  Autora do Programa de Inclusión Social: Patios y Parques Dinámicos e nai dun neno con TEA. Convive familiar e  profesionalmente con persoas de diferentes idades e manifestacións do autismo. Licenciada en Xeografía e Historia, Técnico Superior en Educación Infantil, posgrado da Universidade de Alcalá de Henares en Experto en Trastornos do Espectro Autista (TEA), terapeuta de Habilidades Sociais a través do Xogo e o Movemento na Asociación Asperger Asturias. Membro de AETAPI e da Plataforma de TEA Asturias. PROGRAMA DO CURSO O Xogo como ferramenta de Inclusión . Introducción ó  Programa de Patios y Parques Dinámicos onde se reflexa a importancia do Xogo para calquer neno ou nena como ferramenta de aprendizaxe, de disfrute e de Inclusión. Programa de Patios Dinámicos: Intervención en contexto escolar para alumnado con TEA. O programa de Patios Dinámicos e unha ferramenta de Inclusión...

SEGUIMOS ELIMINANDO BARREIRAS DE COMUNICACIÓN

Dende CAPACES LUGO estamos moi contentos xa que, despois dunha visita e presentar o noso proxecto de eliminación de barreiras cognitivas e de comunicación, o CONCELLO DE RIBADEO aprobou o presuposto para colocar uns 300 pictogramas nos centros públicos, tales como o Concello, a Biblioteca, centro de Turismo, Centros Sociais, Casa da Cultura, Piscina, a Escola de Música e moitos máis..., en breve comezaremos e vos ensinaremos o traballo realizado, ademáis de levar tamén o proxecto de cine inclusivo e adaptado.

CURSO PECS NIVEL 2

O vindeiro fin de semana do 24 e 25 de Outubro teremos con nós a Sonia Vilaltella, formadora de PECS, impartindo o curso de PECS NIVEL 2, dende CAPACES LUGO xa impartiramos fai  máis dun ano o curso de PECS NIVEL 1, e agora xa estamos preparando este curso. PROGRAMA 1er día: Este primero día  centrase nun repaso a fondo de cómo implementar cada unha das fases. Os problemas de implementación máis comúns, nas que se inclúen dificultades de discriminación e as estratexias de solución de problemas máis avanzadas. Os participantes practicarán as súas habilidades de PECS baixo a supervisión dos consultores de Pyramid, poderán solucionar os seus propios problemas de implementación e verán vídeos de exemplos de leccions de PECS. Tamén se anima ós participantes a compartir os seus propios éxitos e casos difíciles.O obxetivo é responder ós casos difíciles dunha maneira que non simplemente “arranxe” a situación, se non que resulte en conquerir a propia resolución de problem...

26 RESTAURANTES E CAFETERIAS DISPORÁN DE MENÚS ADAPTADOS CON PICTOGRAMAS E IMAXES

Videomostra da carta adaptada con imaxes e pictogramas Dende Capaces Lugo seguimos traballando  para mellorar a vida das persoas con Trastornos del Espectro Autista (TEA), e particularmente dos nenos. Froito deste traballo presentamos hoxe o proxecto de accesibilidade cognitiva, concretamente a iniciativa levada a cabo en diversos locais de restauración da cidade de Lugo consistente na adaptación de cartas con imaxes e pictogramas de Arasaac.  Estas cartas, realizadas con apoio de pictogramas e fotos reais, facilitan que poidan expresar os seus desexos e mellorar a capacidade para comunicarse co su contorno, vendo favorecida a súa  autonomía e a  súa verdadeira inclusión social. Cumple tamén a función de visibilización e concienciación dunha problemática da que gran parte da sociedade é allea: a diversidade funcional das persoas, neste caso con autismo, e a necesidade de incorporar medidas de accesibilidade cognitiva no noso entorno que faciliten o seu...

COMPLETO O AFORO PARA AS PRIMEIRAS XORNADAS FORMATIVAS DE ANABEL CORNAGO

Estamos moi contentos temos o aforo completo para as primeiras Xornadas Formativas con Anabel Cornago, pronto vos informaremos do lugar onde se realizarán. Vemonos en setembro!!!

ANABEL CORNAGO EN LUGO

ATENCIÓN AMPLIAMOS PLAZO PARA INSCRIBIRSE ATA O 15 DE XULLO Queremos informaros que temos o pracer de traer a Lugo a Anabel Cornago, nai de Erik, creadora do blog " El sonido de la hierba al crecer", autora dos libros "Teoria de la mente" y el "Juego" para nenos con TEA, vainos impartir dous talleres, un de xogo e outro de estimulación xeral, será o vindeiro 26 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, para anotarse só tedes que cubrir o seguinte FORMULARIO  e ingresar a cantidade de 50 euros ou 75 euros se sodes dous membros de mesma familia, na nosa conta de ABANCA    ES46  2080-0101-5430-4005-8556  e NON ESQUEZADES POR O NOME DO PARTICIPANTE NO CONCEPTO , en caso de ser socio de CAPACES, os talleres serán gratuitos. Máis información no correo capaceslugo@gmail.com, ou chamando o 619170890. PRAZAS LIMITADAS PROGRAMA El juego en niños con TEA: Objetivos, Metodología y Estrategias  Interacción básica Juegos sensor...

ESCOLA DE FAMILIAS CON MARLENE HORNA, "HABILIDADES SOCIAIS"

O vindeiro sábado 23 de maio volvemos ter a Marlene Horna, con nós, esta vez só para as familias de CAPACES LUGO, impartirá unha escola de familias sobre habilidades sociais , irá enfocado para as familias que asistan onde preguntarán polos seus casos concretos, e intentaremos darlle solucións ou estratexias, Será no centro Social Uxio Novoneyra de 10:30 a 13:30, aprenderemos moito, seguro!!