Ir al contenido principal

Entradas

Escola de verán 2017

Estamos preparando a nosa terceira Escola de verán, esperamos poder conseguilo, pero necesitamos a vosa axuda, por iso creamos un Reto no Crowfunding Mi grano de arena. Se podedes facer un donativo sería xenial, e se non, podedes compartir para que chegue ó maior numero de xente posible. VOS NECESITAMOS!! MIL GRACIAS ANTICIPADAS!! https://www.migranodearena.org/es/reto/15545/escuela-de-verano/

DIVERSIDADE FUNCIONAL E VIOLENCIA NAS AULAS

Estamos moi agradecidos a UNED,  por facernos formar parte dunhas ponencias moi interesantes e necesarias, como a que fixo  Victoria Barrero Diaz, Psicologa colaboradora nosa, onde se pregunta se existe violencia nas aulas. Tristemente é unha realidade que non deixa de crecer, e de preocupar a todos, pero non só debemos falar dela, se non empezar a poñer solucións a un problema tan grave.
O pasado 20 de abril, falamos co grupo de rapaces que estudian no Politécnico a rama de educación infantil, sobre o voluntariado, con mais entidades que formamos parte da rede de voluntariado lucense. Moi boa experiencia!!  #Emprendeatuaviaxe #Reluvol #CapacesLugo

2 de abril dia do autismo

CHARLA VOLUNTARIADO NA FACULTADE DE FORMACIÓN DO PROFESORADO

Este  pasado 21 de marzo, xa é a terceira vez, que somos convidados para falar con estudantes de formación do profesorado, unha magnífica oportunidade dada polo SEPIU e por Fatima Teixeiro para poder conseguir voluntariado para as nosas actividades, tanto deportivas como de ocio. Aqui vos deixamos unha pequena parte do que falou a nosa presidenta. VIDEO Nota de prensa da USC

DIVERSIDADE FUNCIONAL NA ESCOLA: ANALISE DO ACOSO

O pasado 14 de xaneiro celebramos unha charla sobre o acoso na escola ás persoas con diversidade funcional. Foi un acto moi participativo, e agradecemos moito a boa asistencia á charla, demostrando que se trata dun tema de moita importancia hoxe en día, e que temos que seguir traballando para que disminúa o numero de persoas que sofren acoso na escola.

II XORNADAS FORMATIVAS SOBRE AUTISMO E FAMILIA

AMPLIAMOS PRAZO PARA ANOTARSE ATA O 8 DE FEBREIRO No mes de Febreiro temos o gusto de poder contar con Anabel Cornago,  Rafa Suñer e con Francisco Prieto , para poder organizar unhas xornadas formativas, as segundas, sobre autismo e familia, prometen ser moi interesantes, serán durante a fin de semana do 18-19 de febreiro . Anabel Cornago falará o sabado sobre a linguaxe e a súa estimulación  e o domingo sobre a teoria da mente nas persoas con autismo Rafa Suñer pai e presidente de Conexión Autismo contará a súa experiencia e o seu traballo dun xeito ameno e sempre positivo. Fran Prieto, monitor TAFAD de persoas con autismo falará do seu traballo con rapaces con TEA e de como o deporte é moi importante e se pode adaptar para calqueira. LUGAR  Salón Almirante do Hotel Méndez Núñez HORARIO Sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 Domingo de 10:00 a 14:00 PREZO SOCIOS DE CAPACES: 10 € NON SOCIOS: 80 € PERSOAS EN PARO: 40 € ASOCIACIÓNS...