Ir al contenido principal

QUERO SER SOCIO


Poderán ser socios de Capaces Lugo o pai, nai, titor/a dunha persoa con TEA, discapacidade intelectual, ou con trastornos de comunicación, e as propias persoas con TEA con capacidade de obrar. Tamén serán socios/as numerarios/as aquelas persoas que teñan entre os seus fins principais a axuda ás persoas con TEA, discapacidade intelectual e/ou trastornos da comunicación. 

Para ser socio numerario só tes que cubrir e enviarnos o seguinte  FORMULARIO SOCIO NUMERARIO 


A cuota de socio é de 60 euros anuais que se cargará no mes de xaneiro.

Tamén podedes ser socios colaboradores,  aportando a cantidade que queirades.

Se queres ser socio colaborador só tes que cubrir o formulario que hai a continuación FORMULARIO SOCIO COLABORADOR










Comentarios

Entradas populares de este blog

FOTOGRAFÍAS DA ACTIVIDADE DE MEDIOAMBENTE

 Xa rematamos as actividades previstas gracias a subvención concedida pola Deputación de Lugo na área de Medioambente.  Aqui temos algunhas fotos do ben que o pasaron.

VOLCATEA. BUSCAMOS VOLUNTARIADO. CHAMÁMOSVOS A ACCIÓN!

  Pictograma de Arasaac. VOLCATEA é un programa de voluntariado que busca a inclusión das persoas con TEA nas actividades da vida diaria, deportivas e extraescolares durante os meses de outubro a xuño. Para máis información podes chamarnos ao 619170890 ou escribirnos un email a capaceslugo@gmail.com  . Se queres anotarte só tes que cubrir o formulario que temos na pestana "colabora" na nosa web capaceslugo.com. Accede premendo aquí .

Programa "Coidar ao que coida"

  Seguimos co programa "Coidar ao que coida", un programa de atención sociofamiliar da Federación Autismo Galicia , subvencionado pola Consellería de Política Social e Xunventude da Xunta de Galicia e desenvolto pola Asociación Capaces Lugo , onde as familias, guiadas por Carmen Moreno, terapeuta con máis de 10 anos de experiencia do Centro Psicopedagógico CREA , poden compartir as súas emocións e dúbidas. Aberto para todxs, gratuito para socios e cunha aportación por non socios. Todolos meses, agás xullo e agosto, temos reunión coas familias o último sábado no local social cedido polo Concello de Lugo na Rúa Monte Faro nº 2 baixo, ainda que este mes de marzo por coincidir Semana Santa fixemolo o 16 e por fin fixemos fotos!!.