Ir al contenido principal

OS NOSOS COLABORADORES

Colaboradores cos que temos firmados convenios.

FUNDACIÓN TIC
Temos firmado convenio de colaboración e sempre podemos contar con eles para divulgar e facer grabacións dos actos da nosa asociación.
http://www.fundaciontic.org/

Centro Psicopedagóxico CREA
Os socios de capaces teñen desconto nas valoracións psicopedagóxicas alí realizadas.
Máis información no 982 81 17 29
http://www.psicocrea.com/

Centro AUPA
Os socios terán descontos en talleres de verán propostos polo centro.
Máis información no 636 36 71 62 
https://www.facebook.com/aupactilugo/


ANA FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, PSICÓLOGA INFANTIL
Temos firmado un convenio onde fai descontos nas sesións ós nosos socios.
Máis información no 616 05 41 76 e tamén no https://www.facebook.com/profile.php?id=100007137482665&fref=ts


LIBRERIA GALICIA
Os socios temos descontos en papeleria e material escolar.
Para máis información http://www.paxinasgalegas.es/galicia-34893em.html


PERSONAS WIP
Os socios temos descontos nalgúns dos seus productos, e cederon o seu espacio varias veces para as nosas actividades.
Para máis información http://www.personaswip.com/

COGAMI LUGO
Temos a grande oportunidade de participar no proxecto INCLUYE+D.
RODRIGUEZ FERNÁNDEZ ASESORES
Os socios temos desconto na realización das declaracións da renda e asesoramento gratuito sobre información fiscal.
Máis información en http://rodriguezfernandezasesores.es/wp/


PILAR GARCIA-PUERTAS, AVOGADA
Contamos tamén coa axuda da avogada Pilar Garcia-Puertas para asesorarnos sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional.
Máis información en http://www.abogadospuertas.com/


ASOCIACIÓN LUGO MONUMENTAL
Ainda que non temos nada firmado sempre podemos contar con eles para facer en común actividades como o cine adaptado, menús accesibles e colocación de globos azuis o dia do autismo.
https://www.facebook.com/lugo.monumental/



Tamén temos a colaboración tanto do Concello de Lugo, como da Deputación e a Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, cedendonos os seus espacios e firmando convenios para actividades.


Tamén temos centros de referencia e persoas as que recomendamos ainda que non temos ningún convenio firmado, como son ás seguintes:


LILIANA ONDINA NAVARRET en Ribadeo

ANDREA ALVAREZ LOGOPEDA en Ribadeo
ASOCIACIÓN APNED en Barreiros
CENTRO DE LOGOPEDIA ZAIDA GUERRA en Lugo

AMPARO VIZOSO GARCIA PSICÓLOGA

CLINICA DENTAL GARCIA RIELO




















                               





































Comentarios

Entradas populares de este blog

XORNADAS FORMATIVAS 30 DE SETEMBRO: CONDUCTAS PROBLEMÁTICAS NO ESPECTRO AUTISTA

    O próximo  sábado 30 de setembro  temos a xornada formativa  "Conductas problemáticas no espectro autista. Comprensión e estratexias prácticas de apoio á persoa e a súa contorna" , será impartida pola relatora  Marlene Horna , como xa tivemos o gusto de ter en moitas formacións nestes anos. Marlene é p sicologa colexiada, especialidade Clínica e Social. Máster en Atención Temperá. Diploma de Estudos Avanzados. Dende hai máis de quince anos traballa apoiando a nenos e adolescentes con TEA e as súas familias. Traballou na Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela, como orientadora dun C.E.E.P.R. da asociación ASPANAES e, na actualidade, traballa de maneira particular e dentro da a Unidade de Apoio Ambulatorio (UAM) da asociación BATA. Desenvolve a súa actividade apoiando a persoas con TEA nas súas contornas naturais (fogar, escola, comunidade). Posúe unha ampla experiencia como docente adquirida en numerosos cursos promovidos por diversas institu

PROGRAMA "SERVICIO DE AXUDA E ASISTENCIA AS PERSOAS CON TEA" 2023

 Dende o ano 2017 temos asinado un Convenio de  colaboración coa Deputación de Lugo, onde atendemos ao programa de Axuda e asistencia ás persoas con TEA, e dende o 2021 temos actividades de ocio os sábados pola mañá, onde os rapaces e rapazas traballan a autonomía e tamén os xogos e interactúan entre eles, todo gracias a colaboración coa Deputación de Lugo, e co Concello de Lugo ao ter oportunidade de usar o salón de actos e tamén o se usos múltiples na casa das Asociacións María Mariño, onde organizamos as actividades coa empresa Ludus Tempori. Este programa é totalmente de balde para os socios, tendo prazas limitadas. Aquí deixamos algunhas fotos das actividades.

PROGRAMA "COIDAR AO QUE COIDA"

Hoxe é 2 de abril e queremos informaros dun novo programa que imos a poñer en práctica este mes de abril, facémolo en común con Carmen Moreno Merino, psicopedagoga e experta en atención temperá e educación especia, ten formación en evaluación de TEA e máis de 10 anos de experiencia en intervención con nenos con Trastorno do espectro autista, esta vez non se trata de algo para os rapaces e rapazas con TEA, se non algo para nós, as nais e pais que necesitamos ter un rede de apoio moitas veces para poder seguir loitando polos dereitos das nosas fillas e fillos e que agotanos bastante no dia a dia, o programa chámase " Coidar ao que Coida". Realizaráse un sábado ao mes de 11:30 a 13:30 mentras se fan as actividades de ocio cos rapaces que temos inscritos, e se algunha familia ten necesidade de traer aos seus fillos, poderían quedar cos monitores, sempre avisando con antelación.  Este grupo de apoio ás familias forma parte do Programa de Atención Sociofamiliar da F ederación Autis